jueves, 4 de octubre de 2018

HABELAS HAYNAS , "LIBRES E LOUCAS" NO SEU DISCO




Claro que as hai. Chámanse Arantza Alfaia, Patricia Gamallo, Jara Ortiz e Sandra Tamayo. Catro meigas que andan "Livres e Loucas" polo mundo da música de raiz , cantando e tocando , reivindicando ás mulleres dende olladas feministas e sociais. 

A banda compostelá de "Habelas hainas" formouse en 2010 e tivo o seu punto de partida na música instrumental autóctona, de onde procedían estas catro mulleres, cada unha cunha ampla traxectoria no mundo da música tradicional.

 No seu encontro  -- "Nós somos unhas músicas que nos coñecemos nas tascas" --  e a partir de aí intercambiaron estilos e axustáronos até chegar a atopar unha personalidade artística propia da que deixan constancia nos seus intensos directos e neste disco 'Livres e Loucas' adornado cun son enérxico, fresco e orixinal, co que adornan as súas revisións de obras de autoría feminina, con temas tradicionais e composicións propias, como homenaxe " a todas as mulleres que se atreveron a ser...como quixeron ser".

 Jara Ortiz comenta que esta loita feminina a través da música ten un punto de partida nada rebuscado:  «Sáenos de xeito natural. É fácil porque as catro temos a mesma enerxía e visión dás cousas. Para nós era natural reivindicar a muller na música», E fano no seu primeiro traballo "Livres e Loucas", gravado por Fernando Campos nos estudos Edisco da Estrada onde as escoitamos cantado e tocando unha variedade de instrumentos tradicionais --tamboril, caixon,bombo ferriños, pausadufes, pandeiros, gaita, toxola, acordeón...--, en temas como "Festiña por dentro" -- con letra de coplas de "Has cantar" de Rosalía de Castro --"Hymne deas femmes" -- adaptación do himno  colectivo das militantes feministas do "Mouvemet de liberatión des femmes (1971) -- "Sete Mulleres" -- de Zeca Afonso --, e adaptacións de temas tradicionais galegos, portugueses, cubanos e finlandeses, ,aos que unen composicións propias .

 Na gravación colaboran Antia Ameixeiras, violino; Pablo Dalama saxo soprano; Olalla Liñares, clarinete; Manu Paino, trompeta; Fernando Campos, baixo acústico e Luz Fandiño. 

"Habelas hainas" e fanse visibles e audibles en "Livres e Loucas"

HABELAS  HAYNAS
"LIBRES E LOUCAS"

Claro que las hay. Se llaman Arantza Alfaia, Patricia Gamallo, Jara Ortiz e Sandra Tamayo. Cuatro meigas que andan "Livres e Loucas" por el mundo de la música de raiz , cantando y tocando , reivindicando a las mujeres desde "miradas" feministas  y sociales. La banda compostelana de "Habelas hainas" se formó en 2010 y tuvo su punto de partida en la música instrumental autóctona, de donde procedían estas cuatro mujeres, , cada una con una amplia trayectoria en el mundo de la música tradicional. En su encuentro  -- "Nosotras somos unas músicas que nos conocimos en las tascas " --  y a partir de ahí intercambiaron estilos y los acoplaron hasta llegar a encontrar una personalidad artística propia de la que dejan constancia en sus intensos directos y en este disco 'Livres e Loucas' adornado con un sonido enérgico, fresco y original, con el que adornan sus revisiones de obras de autoría femenina, con temas tradicionales y composiciones propias, como homenaje " a todas las  mujeres que se atrevieron a ser ...como quisieron ser. Jara Ortiz comenta que: "esta lucha femenina  a través de la música tiene un punto de partida nada rebuscado:  «Nos sale de forma natural.Es fácil porque las cuatro tenémos la mísma  energía y visión de las cosas.Para nosostras era natural reivindicar a la mujer a través de la música" Y así lo hacen en su primer trabajo "Livres e Loucas", grabado por Fernando Campos en los estudios Edisco de A Estrada donde las escuchámos cantado y tocando una variedad de instrumentos tradicionales --tamboril, caixon,bombo ferriños, pausadufes, pandeiros, gaita, toxola, acordeón...--, en temas como "Festiña por dentro" -- con letra de coplas de "Has cantar" de Rosalía de Castro --"Hymne des femmes" -- adaptación del himno  colectivo de las militantes feministas del "Mouvemet de liberatión des femmes (1971) -- "Sete Mulleres" -- de Zeca Afonso --, y adaptaciones de temas tradicionales gallegos, portugueses, cubanos y finlandeses, ,a los que unen composiciones propias . En la grabación colaboran Antia Ameixeiras, violino; Pablo Dalama saxo soprano; Olalla Liñares, clarinete; Manu Paino, trompeta; Fernando Campos, baixo acústico y Luz Fandiño.


No hay comentarios:

Publicar un comentario