OMUNICADO DE FESTIVAIS DE GALICIA SOBRE O ACCIDENTE OCORRIDOOCASIÓO MARISQUIÑO 2018.
”.
A Asociación Empresarial Festivais de Galicia, que
reúne a 8 dos máis importantes festivais profesionais de Galicia, quere
transmitir á cidadanía o seu parecer a propósito do accidente ocorrido en Vigo
na madrugada do domingo ao luns pasados durante o festival O Marisquiño.
En primeiro lugar, a Asociación quere solidarizarse
con todas as vítimas do accidente e desexarlles unha pronta e completa
recuperación.
A seguridade nos festivais é unha das máximas preocupacións desta
Asociación: organizamos eventos para que o público pase un tempo de lecer con
amigos e familiares e é prioritario para nós que ningún incidente lles amargue
a experiencia ou, peor, comprometa a súa saúde ou integridade persoal.
Queremos, neste sentido, felicitar aos produtores de O
Marisquiño pola impecable e exemplar execución do Plan de Autoprotección do
festival, que permitiu que en apenas 10 minutos estiveran actuando os servizos
de emerxencias na zona do sinistro.
Con seguridade, esta actuación é o motivo
polo que non temos que lamentar unha desgraza maior. Neste punto, temos que
lembrarlle á cidadanía que a obriga de activar as medidas ante emerxencias é
dos organizadores, polo que é mérito de O Marisquiño a excepcional rapidez con
que se actuou para auxiliar aos accidentados e evacuar a zona.
Sen restar
mérito ao desempeño dos servizos de emerxencias, esta Asociación quere subliñar
que a actuación de O Marisquiño e dos profesionais ao cargo da seguridade no
festival debe ser tomada como exemplo para futuras ocasións.
Aínda que O Marisquiño non forma parte da nosa
Asociación
, coñecemos e respectamos aos seus promotores, e somos coñecedores da
súa fonda preocupación polas medidas de seguridade, nas que non escatiman
esforzos.
Se O Marisquiño non tivera os máis altos estándares en seguridade non
podería ser o festival que é, nin organizar probas válidas para campionatos
mundiais.
Todos nós traballamos, ademais, dunha forma ou doutra,
coas empresas e profesionais que se encargan de manter a seguridade en O
Marisquiño e podemos ser garantes da súa capacidade e bo facer.
A maiores de todo o anterior, queremos manifestar a
nosa preocupación por algunhas informacións aparecidas en medios de
comunicación ao respecto deste tema e sobre as que temos que realizar algunhas
precisións, pois afectan a todos os festivais -profesionais ou non- que se
realizan en Galicia:
O Marisquiño cumpriu coa obriga de presentar un Plan
de Autoprotección. Así o acredita a administración competente que tiña que dar
a autorización.
En calquera caso, a mellor proba de que o devandito
Plan existía e era correcto é que se activou e executou de xeito exemplar.
Non é requisito para a validez dun Plan de
Autoprotección, nin da licenza que o ampara, o seu rexistro na Dirección Xeral
de Emerxencias, tal e como se publicou estes días. Esta é, en todo caso, unha
obriga administrativa cuxo incumprimento nin sequera está descrito como
infracción na lexislación de emerxencias de Galicia.
Ademáis, nin tan sequera é obrigatorio contar cun Plan
de Autoprotección para unha capacidade, en espacio aberto ao público, de 4.500
persoas. Só é obrigatorio a partir de 20.000 persoas. Se non é obrigatorio
telo, moito menos é obrigatorio rexistralo. Nembargantes, O Marisquiño tivo a
precaución de facer un Plan para esas 4.500 persoas e, posiblemente, por esa
precaución se salvaron vidas.
Finalmente, en relación á titularidade da
infraestructura sinistrada e competencias sobre o seu mantemento e
conservación, tamén existen informacións que nos resultan altamente
preocupantes e que nos vemos na obriga de respostar:
A lexislación en materia de patrimonio das
administracións públicas esixe que o mantemento e conservación das
infraestruturas sexa acometido pola administración titular.
A lei esixe ao titular da infraestrutura que responda
frente ao cesionario polos vicios ocultos. Para dicilo con máis claridade,
entendemos que O Marisquiño pode reclamar frente á administración titular do
peirao os danos causados por ser autorizada ao uso dunha infraestructura
deteriorada.
Por tanto, non existe ningunha lexislación que obrigue
ao organizador do festival a realizar ningunha comprobación previa sobre a
infraestructura cedida. Sería como esixir a unha compañía de autobuses que cada
autobús teña para comprobar a resistencia de de cada ponte que ten que
atravesar, porque se a ponte cae ao paso do autobús sen facer esa comprobación
a culpa sería da compañia de autobuses. Imaxinen agora vostedes que esa obriga
se traslada a todas as empresas que traballan na vía pública ou en instalacións
públicas: dende avións a taxis, pasando por servizos de limpeza da vía pública
e ata donos de postos de venda de rosquillas nas festas,… Absurdo, ¿verdade?
En definitiva, os Festivais de Galicia vemos con fonda
preocupación que as administracións actuantes, primeiras obrigadas ao
cumprimento da lei, estean a buscar a forma de retorcer a lexislación para
eludir responbilidades. Aínda que pode ser humanamente comprensible, xurídica e
socialmente é inadmisible.
En Vigo, a 15 de agosto de 2018