jueves, 16 de junio de 2016

ROI CASAL: "SON GALEGO SON CUBANO": O GRAN ESPETÁCULO MUSICAL ENTRE GALICIA E CUBA



 Na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, se celebrou recentemente a presentación en Galicia do disco "Son galego, son cubano" con letras do escritor Xosé Neira Vilas e música de Roi Casal. 

Un traballo que é unha homenaxe  a aqueles emigrantes que desde Cuba axudaron a conformar a identidade galega, e achegaron á nacionalidade cubana ,especialmente ao mestre Neira Vilas, falecido en pleno proceso creativo.

O disco, do arpista e cantante Roi Casal foi gravado nos estudos PM Records da Habana e en Galicia coa dirección artística de Ca­ry Diez, e os  arranxos musicales de Miguel Núñez, conta coa participación de figuras da música de ambos países, entre os que destacan Pablo Milanés, Laritza Bacallao, Jorge Leliebre, César López, Gastón Joya, Osmani Sán­chez, Elio Rodríguez, Cé­sar Eche­varría,  El Indio o Nando Casal.


Nel pódense escoitar 12 cancións e un tema extra -- Abrazongo, Pinar del Río, O Bojeo, La fortuna de poder amar, Mar das Antillas, Caballero de París, Gres, Pescadores del  Golfo,  Rumbo Habana, General Villamil,  Pasacorredoiras, Amor cubano -- con música composta por Roi Casal escritas especialmente para o disco polo escritor  Neira Vilas, onde se recollen parte da epopea dos galegos en Cuba, un dos principais destinos desa emigración. 

A través da música, Neira-- seguramente a persoa con maior coñecemento da epopea dos galegos en Cuba- e Roi lémbrannos que fixeron os galegos na illa e desde alí para Galicia.

 E é que xustamente na Habana naceron varios dos símbolos da identidade galega, como o himno, a bandeira e a Academia da Lingua:" Xosé Neira Vilas insistiu en que estas cancións debían escoitarse en Cuba, o país que as inspirou e onde viviu 30 anos, como tantos emigrantes desa rexión española que se asentaron na illa", comenta Casal. 

E así se fixo o que se anuncia como "O gran espectáculo musical entre Cuba e Galicia" . "Son galego, Son cubano" é un traballo vibrante, moderno e de música actual que pon de manifesto a histórica relación entre os dous pobos e serve para redescubrir a nosa historia común a través dunhas cancións -- -- que contan pasaxes   cheas de luz, que unen os camiños de Cuba e Galicia como un só pobo hermanado por fraternais lazos de amizade.










No hay comentarios:

Publicar un comentario