O “NOVO UNIVERSO” DE HUGO TORREIRO & YHADIRA GARCIA
Cando
no atarefado panorama musical un tropézase con traballos que sorprenden, como
que se esponxa o ánimo. Este é o caso do disco “Novo Universo”, do dúo formado
por dous mozos galegos Hugo Torreiro (A Coruña, 1990) e Yhadira García
(Compostela, 1993) que desde hai dous anos están metidos no tio vivo da música
e que a través do seu disco autoeditado -- non teñen detrás unha discográfica
que vos apoie, tampouco teñen un gran respaldo mediático que vos impulse--
están a descubrir ese novo mundo soñado, o do éxito, buscado nas plataformas
televisivas como “La Voz” ou “Luar” e
nos directos.
.
Un éxito conseguido desde a difícil sinxeleza dunhas cancións que se fan
entrañables nun contesto vogal dúctil, compracente, no que viaxan letras que
falan sobre todo de amor, nestes tempos “difíciles”, e tamén de amizade. De
amor van as historias que contan nas letras dos seus temas, que eles compoñen.
e de amor é a súa propia historia. Antes
de coñecerse, cada un tiña xa o seu historial por separada e que ao xuntarse
acomodaron para seguir un camiño esperanzador que inician coa canción “Luar a
Luar”, cantada en galego, que arrasa nas
listas de éxitos de Arxentina . Concretamente en rádio fórmula “Elixidos 45” onde permaneceron durante
cinco semanas no número uno, grazas aos votos dos oíntes, que supomos en moitos
casos de ascendencia galega. Así empezou o éxito de Julio Iglesias cun “Canto a
Galicia” en Alemaña. Gústame Hugo e Yhadira, pola súa naturalidade e pola súa determinación grazas á que,
ademais das súas calidades artísticas, van asentando unha carreira, chanzo a
chanzo, loitando e traballando por un soño que xa se albisca realidade: o éxito
.Tamén cantan co seu encanto natural en castelán e en inglés, pero grazas ao
galego lograron ser número uno, de momento en Arxentina. Unha clara
demostración de que cantando en galego pódese triunfar polo mundo adiante con
sinxeleza e autoestima. Unha situación que me lembra a Andrés Do Barro que foi
un claro exemplo de compromiso co idioma galego alcanzando numerosos éxitos. A
nosa benvida a Hugo e Yhadira que estámos seguros serán “profetas na súa terra”
e terán o recoñecemento a nivel español que se merecen. O meu xa o teñen.
Benvidos ao “Novo Universo”
No hay comentarios:
Publicar un comentario