jueves, 19 de octubre de 2017

LUAR NA LUBRE INICIA A GRAVACIÓN DUN NOVO DISCO


LUAR NA LUBRE ENCÉRRASE NO MOSTEIRO DE SAN PEDRO ROCAS (ESGOS) PARA GRAVAR UN DISCO PARA POTENCIAR E DIFUNDIR A RIQUEZA HISTÓRICA,ETNOGRÁFICA,NATURAL E MONUMENTAL DA RIBEIRA SACRA.



Foto:Alberte Paz Garza



Agora, cando aínda seguen celebrando a súa xira 30 aniversario, con concertos por Galicia e España adiante, os compoñentes de Luar na Lubre, atopan tempo para "retirarse" a un Mosteiro, aínda que non precisamente para levar unha vida monacal.

 Alguén diría que, en vista da constante actividade deste grupo folk, os seus compoñentes teñen a síndrome do "trabajólico" --workaholic en inglés --.Ou sexa, uns "adictos ao traballo" a pesar da súa longa traxectoria artística balizada con múltiples recoñecementos. Esta "adicción" non ten nin moito menos unha connotación negativa.

 Ao contrario, manténos en forma, nunha constante actividade, que llés permite afrontar novos proxectos para proseguir a súa carreira de éxito no difícil circuito do folk.Agora, o grupo folk Luar na Lubre grava estes días no Mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos) o que será o seu novo traballo discográfico, dedicado á Ribeira Sacra, que ten como obxectivo poñer en valor a través da música a riqueza histórica, etnográfica, natural e monumental deste territorio. 

A Deputación de Ourense colabora con este traballo discográfico que desenvolve o grupo folk, o cal incorporará como novidade no seu repertorio o idioma do afiador, o barallete, unha das singularidades da Ribeira Sacra.
O líder do grupo, Bieito Romero, adiantou que esta produción, na que están a traballar ao longo desta semana en Rocas, será presentada no Teatro Principal de Ourense en marzo de 2018 e abrangue composicións propias, música tradicional e melodías “que van lembrar e remarcar todo o patrimonio que temos na Ribeira Sacra”. 
Romero destacou que esta é a primeira vez que se fai un disco destas características para potenciar e difundir a Ribeira Sacra a través da música”, un territorio “que é desde sempre patrimonio da humanidade, aínda que oficialmente aínda non o sexa, e a nosa idea é poder falar con grandeza da Ribeira Sacra, potenciándoa a través da música”.
O grupo Luar na Lubre, creado en 1986, tense convertido co paso dos anos nunha formación de referencia da música folk galega, dedicando especial atención ao estudo dos cancioneiros galegos así como ao traballo de campo que lle proporciona un fondo coñecemento sobre a realidade musical galega que tamén se revela determinante nas composicións propias

LUAR NA LUBRE SE ENCIERRA EN EL MONASTERIO DE SAN PEDRO ROCAS (ESGOS) PARA GRABAR UN DISCO PARA POTENCIAR Y DIFUNDIR LA RIQUEZA HISTÓRICA,
ETNOGRÁFICA,NATURAL Y MONUMENTAL DE LA RIBEIRA SACRA.


Cuando aún siguen celebrando su gira 30 aniversario, con conciertos por Galicia y España adelante, los componentes de Luar na Lubre, encuentran tiempo para "retirarse" a un Monasterio, aunque no precisamente para llevar una vida monacal. Alguien diría que, en vista de la constante actividad de este grupo folk, sus componentes tienen el síndrome del "trabajólico" --workaholic en inglés --.O sea, unos "adictos al trabajo" a pesar de su larga trayectoria artística jalonada con múltiples reconocimientos. 

Esta "adicción" no tiene ni mucho menos una connotación negativa. Al contrario, los mantiene en forma, en una constante actividad, que les permite afrontar nuevos proyectos para proseguir su carrera de éxito en el difícil circuito del folk

.Ahora el grupo folk Luar na Lubre graba estos días en el Mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos) lo que será su nuevo trabajo discográfico, dedicado a la Ribeira Sacra, que tiene como objetivo poner en valor a través de la música la riqueza histórica, etnográfica, natural y monumental de este territorio. 

La Diputación de Ourense colabora con este trabajo discográfico que desarrolla el grupo folk, lo cual incorporará como novedad en su repertorio el idioma del afilador, el barallete, una de las singularidades de la Ribeira Sacra.

Por su parte, el líder del grupo, Bieito Romero, adelantó que esta producción, en la que están trabajando a lo largo de esta semana en Rocas, será presentada en el Teatro Principal de Ourense en marzo de 2018 y abarca composiciones propias, música tradicional y melodías que van a recordar y remarcar todo el patrimonio que tenemos en la Ribeira Sacra. Romero destacó que esta es la primera vez que se hace un disco de estas características para potenciar y difundir a Ribeira Sacra a través de la música, un territorio que es desde siempre patrimonio de la humanidad, aunque oficialmente aún no lo sea, y nuestra idea es poder hablar con grandeza de la Ribeira Sacra, potenciándola a través de la música.


El grupo Luar na Lubre, creado en 1986, tense convertido con el paso de los años en una formación de referencia de la música folk gallega, dedicando especial atención al estudio de los cancioneiros gallegos así como al trabajo de campo que le proporciona un fondo conocimiento sobre la realidad musical gallega que también se revela determinante en las composiciones propias

No hay comentarios:

Publicar un comentario