O GRUPO FOLK XOCALOMA COTIZOU NA MÚSICA
DAS AUTONOMÍAS DA DECADA DOS 70.
POR "NEGARSE" A CANTAR EN
CASTELÁN, AO ESTILO "MOCIDADES", A COMPAÑÍA "ROMPEU"
RELACIÓNS ARTÍSTICAS.
Con unha discografía de seis traballos contou, cantando en galego co beneplácito da
discográfica Zafiro a través do selo Abrente do que servidor foi produtor .
O grupo de Carballo, numeroso e
eminentemente vocal, tivo a finais dos
anos 70 unha "cotización" importante por parte da compañía de discos
que, como as multinacionais, buscaba "mercado" na música das hoxe
coñecidas como autonomías.
O meu contacto co grupo tivo lugar nun
soto onde quedara con Xosé Luís Silva Romani para escoitalos a instancias dun
amigo en común.. Na zona de Bergantiños
xa tiñan un nome feito, participando e gañando festivais como
Jocaloma, e estaban ilusionados con
gravar un disco e contactaron comigo a través dun amigo en común que nos citou
nun soto , creo lembrar da rúa Novoa
Santos, lugar atípico para a audición." Silva chamou a Nonito Pereira,
unha figura da radio que ao escoitalos
quedou impresionado", comentou nunha entrevista Xosé Luís.
Certo, non esperaba escoitar o que
escoite no subterráneo e saín da audición con moi boas vibracións, póndome en
contacto con a mánda máis" de produción de Zafíro, Carmen Grau, coa que
mantivera por culpa de NHU unha disparidade de criterios musicais e o selo
Abrente estaba no beirado..
A
maqueta, recomendada persoalmente, foi
moi ben acollida e o contrato co grupo Xocaloma asinado aínda que
"considerados" como serie B polo que os gastos de estancia, durante a
gravación foron máis ben "escasos".
"Terra" foi o primeiro disco
que saíu ao mercado e por certo con bos resultados comerciais para un grupo
folk cantando en galego que lle abriron os camiños artísticos posteriores para
a formación.
O disco "funcionou" e levounos
ao Festival de LÓrient e chegou o seu segundo disco "Soio foi un
sono" coa canción de composición propia do mesmo nome como título
emblemático.
A relación de Abrente con Zafiro
distanciouse e aínda que había un contrato polo medio, o meu labor estivo
encamiñada a potenciar o panorama musical galego que estaba, a comezos dos anos
80, en plena ebulición.
. Ao longo da súa discografía --"Vou ao mar" (1981),
"Nos" (1983), "Rosas de Luz" (1991), "Quince
anos" (1994) -- cifra a ter en consideración na traxectoria dun grupo folk
que polo número de compoñentes adoita ter dificultades de
"mantemento", Xocaloma baseou
o seu repertorio en adaptacións de temas
coñecidos -- "Ou Rodaballo", " A Saida de Carolina",
Lela"...- A compañía mantivo o contrato co grupo ata que as cifras de
vendas foron decaendo e as gravacións distanciándose,
XOCALOMA POR MOCEDADES. Cantar en
castelán.
Cando o grupo Mocedades, unha das
formacións estrela de Zafíro, empeza a ter problemas de
"estabilidade" artística, por similitudes , alguén da compañía ten a idea de propor a Xocaloma -- se quere
manter o contrato--, que cante en castelán, en lugar de en galego, para seguir a liña de Mocidades. Ante esa
proposta Xocaloma, pon por diante a súa dignidade e o seu amor á terra, e non admite esa "opción" que os
levaría a seguir a súa traxectoria artística, Unha camiñar que marco polo menos
a dúas xeracións e deixaron un gran pouso de nostalxia. E " non foi un
soño"
No hay comentarios:
Publicar un comentario