martes, 3 de enero de 2017

QUINTAS CANELLA:" ALFA E OMEGA. NO PORTELO DA MAXIA E NA MORADA DOS MISTERIOS"

Xosé  Quintas Canella regresa do auto - exilio musical  para seguir camiñando pola música popular galega, polos carreiros dá nosa historia cultural e recuperar a sintonía co mundo dás soldadeiras, dous xograres e dous trobeiros.


Unha musica encantadora para acompañarnos  ao noso viaxe ao Medioevo.



ªAlfa e Omega" é un vehículo virtual que nos achega, a través de 15 fermosas cancións ao pasado, á lírica medieval e sitúanos no pórtico musical, alí onde se forxou o cancioneiro popular galego

Alfa, letra inicial do alfabeto grego adoita utilizarse para indicar o comezo dunha cousa. Omega, a última letra do devandito alfabeto, denota o final. Neste sentido, falar de "Alfa e Omega" é facer referencia ao comezo e ao final de algo. Estas letras, son tamén dous símbolos de Allariz, a terra de Xosé Quintas Canella, poeta, compositor e cantante galego, que dan título a este traballo discográfico , "Alfa e Omega" , que nos sitúa na contorna das súas orixes, "no portelo dá maxia e na morada dos misterios".

O "Alfa" artístico de Quintas Canella remóntase á década dos anos 60 na órbita de Voces Ceibes para, posteriormente, integrarse no Movemento Popular dá Canción Galega. As súas achegas á música, tanto na composición como nas formulacións e procura de "novos" camiños para a canción popular galega son de gran importancia, avalada polo seu acreditado prestixio entre os músicos e os comentaristas galegos.

As súas primeiras referencias musicais están na música popular galega. Posteriormente dedicouse á creación de novos textos usando formas poéticas e musicais das Cantigas Medievais, aproximándose os Cancioneiros e musicando Cantigas de Amigo, de Amor e de Escarnio e de Maldicir, cunha formulación musical semellante ao que fixeran os poetas do Neotrobadorismo, adaptando con meticulosidade formas arcaicas, que aínda perduran no tempo vencelladas á fala e ás harmonías do noso vizoso herdo musical. 

As novas circunstancias van amalgamadas cun pasado poético e musical que nunca se extinguiu e que aínda se mantén vixente grazas a nosa porfiada xente do común que nunca renunciou ao que tiña de seu. En definitiva el aborda á nosa realidade cotiá, achegándose á música medieval cunha concepción popular, indíxena e tribal, en definitiva autóctona, evitando tratamentos "intelectuais" que, até agora, eran os máis frecuentes neste tipo de música.

No seu "Alfa e Omega" aborda de novo a música medieval cunha concepción popular e autóctona escoándose de formulacións artificiais e estériles mestizaxes. El defende que, da mesma maneira que a fala quedou ancorada naquel pasado case que remoto, ás formas musicais e poéticas pasoulles outro tanto do mesmo.

Foi en 1978 cando Quintas Canella, en compañía de Eloy Vázquez, Ánxel Barbadillo, Bernardo Martínez e Henrique F. Ferreira, fixo en palabras de Antón Seoane "un único e sorprendente disco, cheo de fermosas cancións de inspiración neotrobadoresca”, "Porque no mundo minguou a verdade".

 Pasaron os anos e aquel disco que recollía doce cantigas, unhas de inspiración popular e outras instrumentadas sobre textos medievais, converteuse nun referente, nunha peza musical moi singular e buscada que abriu novas canles de comunicación coas formas tradicionais galegas, musicais e poéticas, facilitando o acceso á música medieval coa devandita concepción, mamando do popular e autóctono, evitando eses tratamentos "intelectuais ", máis propios do Renacemento, consecuencia dunha visión alterada do pasado, porque interpretaban que o uso da fala e as formas poético-musicais das Cantigas de Amigo e das Cantigas de Escarnio e Maldicir coma un feito minoritario, unha sofisticación exclusiva das elites cortesáns, cando en realidade foi un fenómeno máis normal e máis estendido do que se pensa, que se asentaba nunha sociedade que participaba da mesma cultura e que se nutría de similares emocións expresadas conforme ao seu propio universo cultural, común e ordinario. “Falaban coma nós e tamén cantaban coma nós”.

Despois chegou o silencio, o auto-exilio de Xosé Quintas Canella, provocado por un inconformismo coas formulacións xerais que se estaban facendo en Galicia, particularmente no ámbito musical. 

Mentres tanto, na súa intimidade, na que nunca deixou de compor e escribir, á espera dunha oportunidade para o regreso, ese que con insistencia lle reclamaban amigos e compañeiros músicos, de modo que sempre estivo operativo para a reaparición que intimamente anhelo.

Foi nunha xuntanza con Miro Casabella, Mini Rivas e Mero Iglesias, que o animaron para que deixase de ser un espectador e recobrase o ánimo para seguir camiñando pola música popular galega, polos carreiros da nosa historia cultural e recuperar a sintonía co mundo das soldadeiras, dos xograres e dos trobeiros. Nomes como Pero Meogo, Martín Códax ou Airas Nunes, protagonistas do momento cultural, talvez, máis importante da historia galega, un período que comezou a finais do século XII, prolongándose até mediados do XIV e manterse para o futuro baixo o apelativo xeral de lírica medieval galego-portuguesa.

Este "Alfa e Omega" é un vehículo virtual que nos achega, a través de 15 fermosas cancións ao pasado, á lírica medieval e sitúanos no pórtico musical, alí onde se forxou o cancioneiro popular galego. Escoitamos textos musicados por Xosé Quintas Canella como “Vestida dun pres de Cambrai” de Xoán Airas (século XII-XIII); “No tempo do meu amigo” de Xulian Bolseiro (século XIII); “A vós Dona Abadesa” de Fernando Esquío (século XIII); “Atendendo o meu amigo” de Mendiño (século XIII); “Querme unha dona mal” de Xil Pérez Conde (século XIII); “Tal vai o meu amigo” de Pero Meogo (século XII-XIV); “Señor en tan grave día” de Don Dinís de Portugal (século XIII-XIV); “Dona fea” de Xohán García de Guillade (século XIII).

Unha peza instrumental, " Os Bois", baseada nunha historia relacionada coa Festa do Boi dá vila de Allariz, composta por Quintas Canella da paso a "O cego" cantiga inspirada en textos dos cancioneiros populares adaptada para este traballo. A partir do " "Alén" de Ramón Cabanillas (1.876-1.959) " iníciase o percorrido por cantigas de propia autoría de letra e música, coma o "Cantar de ausencia", "Lume dos meus ollos" e "As dúas raiñas" , para pechar o disco con "A danza dás Avelaiñas", cuxa autoría corresponde a Xulio López.

A través da súa escoita, deliciosamente refrescante, un séntese desprazado no tempo gozando desta achega musical que nos retrotrae ás épocas onde madurou a tradición autóctona modelando estruturas poético-musicais consoantes coas súas posibilidades e necesidades.

Ao día de hoxe a música de Galicia non deixa de evolucionar e a cada paso xorden novas propostas que amplían horizontes. A que escoitamos en "Alfa e Omega" de Quintas Canella, é unha proposta de creación que podería encaixar dentro dun "son autóctono e sen pretensións" que se incorpóra á paisaxe musical como un "desafío", porque mira cara atrás, para coñecer de onde vimos e alumar, desde o coñecemento, o futuro que se está construíndo.

Quintas Canella, unha vez máis deu ese paso con "Alfa e Omega" e montou unha expedición musical na que leva a voz masculina cantante, empapada nunha mítica aura trobeira que parece vir do máis alá, en contraste coas fermosas voces femininas de Pilocha, Navia Rivas e Iria Rivas. Nesta incursión, está instrumentalmente moi ben arroupado por Xaquín Branco: gaitas, frauta doce e percusión; Xulio López: frauta traveseira;Xosé Yepes: guitarra; Bento Veloso: guitarra; Xosé Baldomir: zanfona. E Mini Rivas pon a voz no recitado de “Alén” e un intencionado aturuxo en “Lume dos meus ollos”. 

Técnico de son foi Nicolás Vieites e a dirección musical e harmonizacións foron cousa de Xaquín Blanco, un sentido e virtuoso gaiteiro .

Unha expedición que nos leva a "Alfa e Omega", ou sexa, "ao portelo dá maxia, alí onde moran os misterios". Ese espazo existencial onde o fin espera aletargado nos habitáculos da vida amenizados por fermosas cancións de brillante execución que conforman e dan alento a esta obra que nos achega ás orixes.

Entren nel, e gocen do percorrido destas pracenteiras cantigas que veñen coa pátina protectora da composición neotrobeira e o interese polas fontes orixinais, na compaña dunha lúcida interpretación onde se conxugan o coñecemento da linguaxe musical, o dominio técnico e sonoro dos instrumentos e a sensibilidade, expresión e entrega dos intérpretes.

Boa viaxe musical ao noso Medievo 
Nonito Pereira





QUINTAS CANELLA: ALFA E OMEGA
NO PORTELO DA MAXIA E NA MORADA DOS MISTERIOS

Alfa, letra inicial del alfabeto griego suele utilizarse para indicar el comienzo de una cosa. Omega, la última letra del dicho alfabeto, denota el final. En este sentido, hablar de "Alfa y Omega" es hacer referencia al inicio y al final de algo. 

Estas letras, son también dos símbolos de Allariz, la tierra de Xosé Quintas Canella, poeta, compositor y cantante gallego, que dan título a este trabajo discográfico , "Alfa y Omega" , que nos sitúa en el entorno de sus orígenes, "en la ventanilla da magia y en la morada de los misterios".

El "Alfa" artístico de Quintas Canella se remonta a la década de los años 60 en la órbita de Voces Ceibes para, posteriormente, integrarse en el Movimiento Popular da Canción Gallega. Sus aportaciones a la música, tanto en la composición como en los planteamientos y búsqueda de "nuevos" caminos para la canción popular gallega son de gran importancia, avalada por su acreditado prestigio entre los músicos y los comentaristas gallegos.

Sus primeras referencias musicales están en la música popular gallega. Posteriormente se dedicó a la creación de nuevos textos usando formas poéticas y musicales de las Cantigas Medievales, aproximándose  a los Cancioneiros y musicando Cantigas de Amigo, de Amor y de Escarnio y de Maldecir, con un planteamiento musical semejante a lo que habían hecho los poetas del Neotrobadorismo, adaptando con meticulosidad formas arcaicas, que aún perduran en el tiempo vinculadas al habla y a las armonías de nuestro vizoso legado musical.

 Las nuevas circunstancias van amalgamadas con un pasado poético y musical que nunca se extinguió y que aún se mantiene vigente gracias a nuestra porfiada gente de lo corriente que nunca renunció a lo que tenía de por sí. En definitiva él aborda a nuestra realidad cotidiana, acercándose a la música medieval con una concepción popular, indígena y tribal, en definitiva autóctona, evitando tratamientos "intelectuales" que, hasta ahora, eran los más frecuentes en este tipo de música.

En su "Alfa y Omega" aborda de nuevo la música medieval con una concepción popular y autóctona escapándose de planteamientos artificiales y estériles mestizajes. Él defiende que, de la misma manera que la habla quedó anclada en aquel pasado casí qué remoto, a las formas musicales y poéticas les pasó otro tanto del lo mismo.

Fue en 1978 cuando Quintas Canella, en compañía de Eloy Vázquez, Ánxel Barbadillo, Bernardo Martínez y Henrique F. Herrera, hizo en palabras de Antón Seoane "un único y sorprendente disco, lleno de hermosas canciones de inspiración neotrobadoresca":"Porque no mundo   menguo a  verdade". 

Pasaron los años y aquel disco que recogía doce cantigas, unas de inspiración popular y otras instrumentadas sobre textos medievales, se convirtió en un referente, en una pieza musical muy singular y buscada que abrió nuevos canales de comunicación con las formas tradicionales gallegas, musicales y poéticas, facilitando el acceso a la música medieval con la dicha concepción, mamando del popular y autóctono, evitando esos tratamientos "intelectuales ", más propios del Renacimiento, consecuencia de una visión alterada del pasado, porque interpretaban que el uso del habla y las formas poético-musicales de las Cantigas de Amigo y de las Cantigas de Escarnio y Maldecir como un hecho minoritario, una sofisticación exclusiva de las élites cortesanos, cuando en realidad fue un fenómeno más normal y más extendido del que se piensa, que se asentaba en una sociedad que participaba de la misma cultura y que se nutría de similares emociones expresadas conforme a su propio universo cultural, común y común. "Hablaban como nosotros y también cantaban como nosotros".

Después llegó el silencio, el auto-exilio de Xosé Quintas Canella, provocado por un inconformismo con los planteamientos generales que se estaban haciendo en Galicia, particularmente en el ámbito musical. Mientras tanto, en su intimidad, en la que nunca dejó de componer y escribir, a la espera de una oportunidad para el regreso, ese que con insistencia le reclamaban amigos y compañeros músicos, de modo que siempre estuvo operativo para la reaparición que íntimamente anhelo.

Fue en una juntanza con Miro Casabella, Mini Rivas y Mero Iglesias, que lo animaron para que dejara de ser un espectador y recobrara el ánimo para seguir caminando por la música popular gallega, por los senderos de nuestra historia cultural y recuperar la sintonía con el mundo de las "soldadeiras", de los juglares y de los troveros. 

Nombres como Pero Meogo, Martín Códax o Airas Nunes, protagonistas del momento cultural, tal vez, más importante de la historia gallega, un período que comenzó la finales del siglo XII, prolongándose hasta mediados del XIV y mantenerse para el futuro bajo el apelativo general de lírica medieval gallego-portuguesa.

Este "Alfa y Omega" es un vehículo virtual que nos acerca, a través de 15 hermosas canciones al pasado, a la lírica medieval y los sitúan en el pórtico musical, allí donde se forjó el cancioneiro popular gallego. Escuchamos textos musicados por Xosé Quintas Canella cómo  “Vestida dun pres de Cambrai” de Xoán Airas (século XII-XIII); “No tempo do meu amigo” de Xulian Bolseiro (século XIII); “A vós Dona Abadesa” de Fernando Esquío (século XIII); “Atendendo o meu amigo” de Mendiño (século XIII); “Querme unha dona mal” de Xil Pérez Conde (século XIII); “Tal vai o meu amigo” de Pero Meogo (século XII-XIV); “Señor en tan grave día” de Don Dinís de Portugal (século XIII-XIV); “Dona fea” de Xohán García de Guillade (século XIII).

Una pieza instrumental, " Os Bois", basada en una historia relacionada con la Fiesta del Buey de la villa de Allariz, compuesta por Quintas Canella da paso a  "O Cego" cantiga inspirada en textos de los cancioneiros populares adaptada para este trabajo. A partir del  "Alén" de Ramón Cabanillas (1.876-1.959) " se inicia el recorrido por cantigas de propia autoría de letra y música, como "Cantar de ausencia", "Lume dos meus ollos" e "As dúas raiñas" , para cerrar el disco con "La danza das Avelaiñas", cuya autoría corresponde a Julio López.

A través de la su escucha, deliciosamente refrescante, uno se siente desplazado en el tiempo disfrutando de esta aportación musical que nos retrotrae a las épocas donde maduró la tradición autóctona modelando estructuras poético-musicales consonantes con sus posibilidades y necesidades.

Al día de hoy la música de Galicia no deja de evolucionar y la cada paso surgen nuevas propuestas que amplían horizontes. La que escuchamos en "Alfa y Omega" de Quintas Canella, es una propuesta de creación que podría encajar dentro de un "sonido autóctono y sin pretensiones" que se incorpora al paisaje musical como un "desafío", porque mira hacia atrás, para conocer de donde venimos y alumbrar, desde el conocimiento, el futuro que se está construyendo.

Quintas Canella, una vez más dio ese paso con "Alfa y Omega" y montó una expedición musical en la que lleva la voz masculina cantante, empapada en una mítica aura trobeira que parece venir del más allá, en contraste con las hermosas voces femeninas de Pilocha, Navia Rivas e Iria Rivas. 

En esta incursión, está instrumentalmente muy bien arropado por Xaquín Blanco: gaitas, flauta dulce y percusión; Julio López: flauta travesera ;Xosé Yepes: guitarra; Bento Veloso: guitarra y Xosé Baldomir: zanfona. Y Mini Rivas ponen la voz en el recitado de "Alén" y un intencionado aturuxo en “Lume dos meus ollos”. 

El técnico de sonido fue  Nicolás Vieites. La dirección musical y armonizaciones  fueron cosa de Xaquín Blanco, un sentido y virtuoso gaitero .

Una expedición que nos lleva la "Alfa y Omega", o sea, "a la ventanilla da magia, allí donde moran los misterios". Ese espacio existencial donde el fin espera aletargado en los habitáculos de la vida amenizados por hermosas canciones de brillante ejecución que conforman y dan aliento la esta obra que nos acerca a los orígenes.

Entren en él, y disfruten del recorrido de estas placenteras cantigas que vienen con la pátina protectora de la composición neotrobeira y el interés por las fuentes originales, en la compaña de una lúcida interpretación donde se conjugan el conocimiento del lenguaje musical, el dominio técnico y sonoro de los instrumentos y la sensibilidad, expresión y entrega de los intérpretes.

Buen viaje musical a nuestro Medievo
Nonito Pereira




No hay comentarios:

Publicar un comentario