Despois
de escoitar as pezas do novo disco do grupo tradicional Zurrumulla, "Camiño
por ti" (Inquedanzas Sonoras) non queda outra que lanzar un
"aturuxo" de bravura festiva acompañado dun exultante "ardelle o eixo carballeira" .
Un
disco que é unha festa, tocado cun estilo musical, baseado no tradicional e achegandose a un folk
propio, con composicións e arranxos que
fan as ledicias do público .
Unha sorpresa de vitalidade, e novos aires na nosa música, con novas pezas de moi variados estilos e
gustos, ainda que co carácter e son particular desta formación que camiña entre
a tradición e a innovación , interpretando unha mínima parte da inmensidade da
cultura musical galega, para deleitanos con 17 pezas tan frescas como
evocadoras.
Este traballo é moi particular para
os Zurrumalla, nin mais nin menos é un agradecemento constante, homenaxes
sentidos, pezas do camiñar, dende a primeira “Pasodobre por ti”, unha peza dos
seus amigos da mariña Guardesa, ata a penúltima, feita por Luís Correa “O
Caruncho” na honra do Santo de Gondomar.
Naceu como grupo ala por
febreiro do ano 2000 cando uns amigos decidiron dar pulo os seus anceios e
inquedanzas musicais. Desde o inicio, foron quen de ilusionarse e gozar coas
notas que ían arrincando á historia e tradición musical da terra.
Arredor dela
crearon un universo no que se sinten unidos, ledos e orgullosos. O sus desexo e
compartir ese gozo, ledicia e orgullo amais de que entre todos e todas,
dignifiquemos tradición.
Por iso, durante estes anos da vida do grupo, ao longo
dos moitos concertos pola xeografía do pais, procuran ofrecer o mellor como
gaiteiros que poden arrincar de si mesmos.
Zurrumalla siguen sendo:Patri Gonzalez
(Pandeireta, culleres e voz), Carlos Sabariz, Pelouro(bombo e pratos), Suso
Comesaña (Gaitas en Do e La, saxo soprano, piñas e voz), Juan Comesaña, Viti
(Tamboril, caixa, culleres, triangulo), Nacho Alvarez (Acordeon, choca, e voz)
e Bieito Lobariñas (Gaita en Do e La, zanfona, pandeiro, cunchas e voz)
No hay comentarios:
Publicar un comentario