martes, 10 de mayo de 2016

XV PREMIOS OPINIÓN "MÚSICA DE RAÍZ"


O  xoves terá lugar no teatro Rosalía Castro da Coruña a gala da entrega de premios "Opinión -Música de Raiz", que vai xa pola súa XV edición . Uns galardóns musicais creados polo xornal A Opinión da Coruña , baixo a batuta de Óscar Losada, que desde os seus comezos apostaron polo talento musical galego.

Nesta gala daranse a coñecer os galardóns outorgados ao primeiro, segundo e terceiro "Mellor disco", así como os correspondentes ao "Mellor Artista" e "Mellor Canción", que o xurado elixiu de entre os 22 traballos presentados:

“A lúa prendeu  a luz” - Puntada Sen Fío,
“Baladas da Galiza Imaxinaria” – Uxía e Narf
“Cancionero Gallego” – Oh trío
“The tambourine man”- Xabier Díaz
“Arrieiros somos”- Cuarteto Caramuxo
“Alegría”- Sérgio Tannus
“Lobos” – davide Salvado
“Adiante” – Ardentía
“Déixao andar”- Carapaus
“Quiral” - Riobó
 “Aínda” -   Alba María*( recibido en xaneiro 2015)
“Bicos con luvas” – Coanhadeira
“Rústica” - Rústica
“Disque” – Ghaveta
“Nas pedras do lar”- Pepe Vaamonde Grupo
“Metamorfose”- Virandeira Folk
“Dissimulem!” – Orquestra os Modernos
“Norte e Sur” - Antilia
“Extra-mundi” – Luar na Lubre
“Ten dez”  - Bellon&Maceiras
“Fame” – Orquestra de jazz de Galicia
“Ego”- Cristian Silva


A gala de entrega dos "XV Premios Opinión da Música de Raíz" será unha grande ocasión para comprobar como os creadores galegos están a traballar para enriquecer o panorama musical do país ao achegaren novas propostas sonoras que resulten novidosas para o público interesado.

Contar no escenario con artistas diferentes ao xa coñecido é unha das características dunha gala na que ao longo do tempo xa debutaron varios proxectos musicais. A proposta deseñada para a gala da décimo quinta edición dos galardóns creados por este xornal presenta o grande atractivo da novidade musical para os espectadores que asistan ao Teatro Rosalía de Castro o vindeiro xoves 12 de maio ás 20.30 horas.

Actuarán os grupos Axada e Xosé Lois Romero&Aliboria.

AXADA


Begoña Lorenzo (voz), Manuel Paino (trompeta), Roberto Somoza (saxos, clarinete e frauta traveseira), Carlos Figueira (trombón e bombardino), Begoña Riobó (violín),Rubén Barros (guitarras), Suso Iglesias (Acordeón), Simón García (contrabaixo), Carlos Castro(batería e percusións), Pedro Lamas (saxos e gaitas).
 XOSÉ LOIS ROMERO & ALIBORIA



Alejandra Montero, María Montero, Andrea Montero, Mariana Montero, Cristina Sánchez, Ramón Dopico, Antonio Prado, Jorge García e Cristina Pico.



No hay comentarios:

Publicar un comentario