Pués iso a Familia Caamagno téntouno e lógrouno. Os de
Sigüeiro, onde fai xa sete anos naceu Familia Caamagno, con músicos unidos polo
cordón umbilical da súa paixón polo rock e o pop ,-- Toni Caamagno (batería e
coros), Lano Caamagno (baixo), Francesco Caamagno (guitarra e coros), Jess
Caamagno (guitarra) e Manuele Caamagno (voz e saxofón) -- . coa "sa
intención de corromper e degenerar
musicalmente á mocidade do século XXI", e a variedade como unha das súas
principais virtudes,.desato a atención dos medios especializados.
Ao día de
hoxe, figuran na listaxe de grupos
relevantes da plataforma da música galega, levantados por tres EP´S" de
seis cancións, pondo a bailar a públicos de toda condición por múltiples
escenarios e outro cantando ao Nadal. Unha situación, que co seu novo disco, o
primeiro de longa duración, "Había que Inténtalo ", nome co bautizaron ao
"recentemente nado", apontoan,
cos seus "cueiros musicais"
contaminados pola ironía, o humor
e a constante incitación ao baile
despois de tres anos sen sacar "matería" nova.
Era tempo de
alargar o seu proxecto inicial e puxéronse ao "tallo" para tentalo.e
tentárono sacando adiante este traballo
" baixo ordés" de Jorge Explosión nos estudos Circo Perroti de
Xixón.
O resultado é un "artefacto
musical" con oito cancións con bonus track de agasallo --"Canción
Moderna de Occidente", adiantada en
formato videoclip hai uns meses gravado con Hevi de Malandrómeda --que trae un
estiramiénto estilístico do "garage revival dos 60", por onde discorreron os seus anteriores traballos ,
cara a un enérgetico "power pop",
sempre divertido , "marca da casa", con melodías e letras máis
traballadas, polas que discurrieron os seu anteriores traballos.
Editado por
Folc Records , en vinilo e tamén en CD "polo si acaso alguén non ten tocadiscos en casa" o artwok pertece a Leo Sousa.
Con
este novo disco como bandeira, a Familia
Caamagno volverá ás "andadas" do directo que durante o verán serán
abundantes xa que os seus concertos
gozan de fama grazas á enerxía que Familia Caamaño desprende sobre o
escenario.
No horizonte xa aparece entre os grupos participantes de "O son do Camiño" no Monte do Gozo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario