viernes, 18 de octubre de 2013

FAMILIA CAAMAGNO ROCK EN GALEGO CON “GHEADA”


                   ¡ SE METEMOS "GHEADAS E PORQUE FALAMOS ASÍ !




A “Familia Caamagno” son: Toni Caamagno , batería e coros; Lano Caamagno , Guitarra baixo. Francesco Caamagno, Guitarra de ritmo e coros; Jess Caamagno, Guitarra de punteo e Manuele Caamagno - voz e saxofón. A pesar de levar o mesmo apelido  --seguramente polo seu apego a The Ramones -- entre eles non hai ningún vínculo familiar aínda que se teñen unha relación de veciñanza, xa que todos son de Oroso, e  están unidos polos lazos musicais da súa afección ao rock de garaxe dos anos sesenta que eles revisan en galego con “gheada” – Se metemos “gheadas” e porque falamos así, din -- . 

Unha exposición lingüista “distintiva” nalgúns grupos de rock bravú, que pode inducir a interpretacións erróneas englobando a esta formación nese movemento. Non son “bravús” pero co seu  fornido directo, espectacularmente divertido, están a conseguir chamar poderosamente a atención no ámbito musical galego O seu é rock and roll dos anos sesenta, en galego, ao que aplican unha “marcha” máis, conseguindo unha enerxía e  aceleración que os personaliza, .”A Familia Caamagno”, nome que soa a “cosa nostra” -- e de aquí son-- teñen  publicado un E.P. e un single, e están a terminar as mesturas dun maxi con seis cancións gravado en Circo Perroti con Jorge Explosión, que se editará en novembro. Recentemente gañaron  o V Concurso de Rock da Deputación da Coruña e van embalados, como a súa música, pola autoestrada do rock galego.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario