Na véspera da celebración do "Día Das Letras
Galegas", recibo un correo de Óscar Losada Castro, o "capitán de
navío" dos prestixiosos "Premios Opinión da Música de Raíz"
creados polo xornal Opinión da Coruña que desde os seus comezos apostaron polo
talento musical galego no ámbito dá nosa música folk. Non eran boas novas.
Os motivos da decisión tomada por Óscar Castro, con quen
compartín a singradura de XVI Edicións dos Premios, como compoñente do xurado, están na corda frouxa a expensas dunha decisión final que ratifique o seu
abandono o pola contra mantéñase no seu posto.
Óscar Castro foi, é e será, un loitador incansable para dar a
coñecer a música folk galega. Desde o xornal A Opinión da Coruña, deixo mostras
da súa cruzada para que esta fóra non só coñecida, senón recoñecida nun escaparate promocional
onde mostrar o seu produto abundante e a fertilidade creativa dos compositores
e músicos galegos .
Así naceron "Os Premios Opinión da Música de Raíz"
que colleron a substitución do "Disco Ideal", premios que naceran en
1998 baixo os auspicios do xornal O Ideal Galego da Coruña, coa colaboración da
Radio Galega, que non pasaron da súa primeira edición por discrepancias de
criterios.
O comunicado de Óscar Losada, non aclara se a súa decisión
implicaría o "peche" destes premios ou que el se apea deles, que
seguirían camiñando polo panorama musical galego.
Quedamos á espera da solución o disolución definitiva coa
esperanza de que estes Premios tan necesarios para a música galega sigan sendo
un dos grandes escaparates onde todos podamos ver e escoitar a grandeza dos
nosos músicos e a nosa música.
No hay comentarios:
Publicar un comentario