jueves, 10 de enero de 2019

O "VUDÚ" MUSICAL DE BELÉM TAJES E MARITXINA




Belém Tajes, voz e teclados, e Maritxinha, baixo e loops, son o dúo feminino "Vudú" e acaban de editar o seu primeiro longa duración -- Vudú III -- que chega tras dous E. P´s  cos que foron abrindo paso a un novo concepto musical que enriquece o panorama musical galego cunha fusión na que o soul e o folk galego -- que en clave de humor denominan como "soulk" -- conviven nun ritual musical co que logran unha ilusionante elevación expresiva.

O dúo como tal creouse na Coruña 2016 tras gravar en formato cuarteto un primeiro EP que obtivo o premio á mellor canción en galego por "Eu son VooDoo" no certame Música Xove.
O cuarteto convértese en dúo e gañan en 2017 o Premio Martín Codax dá Música Galega na categoría blues-funk-soul. que asintan o seu concepto musical para o que buscan novos formatos de directo. Chega entón o seu segundo EP -- Eu son VooDoo Vol.II -- gravado en Abrigueiro Studios por Arturo Vaqueiro coa colaboración de Narci  Rodriguez, Álvaro Trillo e Lilaina. O disco, autoeditado, tivo unha tirada de 300 exemplares cuxas portadas , feitas a man, eran diferentes. Un traballo no que Vudú, comeza a cantar integramente en galego con letras baseadas en cancións tradicionais da música popular, que "inseren" en harmonías fundamentadas no soul e o R&B.

"Vudú Vol. III' chega para pechar unha triloxía e abrir camiño a unha nova etapa na que o pop asoma nas percusións electrónicas e os efectos, que conviven coas inconfundibles texturas de soul e jazz que colorean a súa personalidade e acollen letras que veñen directamente das súas avoas poboando as cancións deste traballo que se inicia con " Eu Chorar,chorei" impregnado de blues,



e que contén " Moreniña" que foi no seu día o primeiro sinxelo que editaron. 



Tamén figura unha versión especial de "Unha noite na eira do trigo" e "Xa me dixo" con ancoraxe nas sonoridades do rock & roll dos anos 50. 

O disco péchase con "Lingua" que fala das linguas minoritarias. 'Vudú Vol. III' foi gravado en en Drum&Roll (A Coruña) e El Observatorio Musical (Madrid), e conta  con Nicolás Viéites na produción musical e  con colaboracións especiais de Adrián Seijas (Misteriosa viaxe a Holanda, Xoel López) nas percusións,  Nata Álvarez (Swingdigentes) , saxo, e a rapera  Wöyza, no tema  "CouCou" ."Corasón" é o vídeo do primeiro single do disco.

Vudú é a maxia capaz de revivir o esquecido, o antigo, ...A música do dúo Vudú é  capaz de revivir as cancións doutro tempo....




EL "VUDÚ" MUSICAL DE BELÉM TAJES Y MARITXINA


Belém Tajes, voz y teclados, y Maritxinha, bajo y loops, son el dúo femenino "Vudú" y acaban de editar su primer larga duración -- Vudú III -- que llega tras dos E. P´s  con los que fueron abriendo paso a un nuevo concepto musical que enriquece el panorama musical gallego con una fusión en la que el soul y el folk gallego -- que en clave de humor denominan como "soulk" -- conviven en un ritual musical con el que logran una ilusionante elevación expresiva.

El dúo como tal se creó en A Coruña 2016 tras grabar en formato cuarteto un primer EP que obtuvo el premio a la mejor canción en gallego por "Eu son VooDoo" en el certamen Música Xove.

El cuarteto se convierte en dúo y gananen 2017 el Premio 
Martín Codax da Música Galega en la categoría blues-funk-soul. que asientan su concepto musical para el que buscan nuevos formatos de directo. Llega entonces su segundo EP -- Eu son VooDoo Vol.II -- grabado en Abrigueiro Studios por Arturo Vaquero con la colaboración de  Narci Rodriguez, Álvaro Trillo y Lilaina. 

El disco, autoeditado, tuvo una tirada de 300 ejemplares cuyas portadas , hechas a mano, eran diferentes. Un trabajo en el que Vudú, comienza a cantar íntegramente en gallego con letras basadas en canciones tradicionales de la música popular, que "insertan" en armonías fundamentadas en el soul y el R&B.

Vudú Vol. III' llega para cerrar una trilogía y abrir camino a una nueva etapa en la que el pop asoma en las percusiones electrónicas y los efectos, que conviven con las inconfundibles texturas de soul y jazz que colorean su personalidad y acogen letras que vienen directamente de sus abuelas poblando las canciones de este trabajo que se inicia con ""Eu Chorar,chorei" impregnado de blues, y que contiene " Moreniña" que fue en su día el primer sencillo que editaron. 

También figura una versión especial de "Unha noite na eira do trigo" y "Xa me dixo" con anclaje en las sonoridades del rock & roll de los años 50. El disco se cierra con "Lingua" que habla de las lenguas minoritarias. 'Vudú Vol. III' fue grabado en en Drum&Roll (A Coruña) y El Observatorio Musical (Madrid), y cuenta  con Nicolás Viéites en la produción musical y  con colaboraciones especiales de Adrián Seijas (Misterioso viaje a Holanda, Xoel López) en las percusiones,  Nata Álvarez (Swingdigentes) , saxo, y la rapera  Wöyza, en el tema  "CouCou" .

"Corasón" es el video del primer single del disco.






No hay comentarios:

Publicar un comentario