lunes, 2 de junio de 2014

FRACASADOS, "DIÁSPORA": ¡DENDE LABAÑOU ATA AO INFINITO....MESTIZAXE MUSICAL E LETRAS CON PROTAGONISMO DO EZCOZOR SOCIAL





 "oito cancións de amplas vestiduras musicais de mestizaxe explosiva  -- rock hip-hop, funk, ska, reagge, música latina-- regadas con letras onde el escozor social ten o seu protagonismo"


Ao berro de "Dende Labañou ata ao infinito",  comenza, "Diáspora" o novo disco de "Fracasados" que se publica  catro anos despois do seu primeiro traballo "Fracasados de antemán",  que acadou grande percusión mediática e boa acollida por parte do público. 

A formación naceu como "Fracasados de Ántemán" aló polo 2005, no barrio coruñés de Labañou impulsado polas "incontinencias" creativas de Román Emilio,Brais, Ainoah e Mario. Máis tarde entraría non grupo Alba e fóronse pola ruta do rock and roll, o rock, e o blues, facendo versións. 

Cando levaban algún tempo "pateando" Galicia facendo bailar a xente, enchendo os seus concertos, botaron o freo para pasar pola ITV. Tras unha revisión de "chapa e pintura" --compoñentes-- e axustes no motor --estilo musical -- voltaron con nova formación e novo estilo.No 2009 circularon polas salas de concertos, destacando cun directo máis potente que os inclúe na carreira por alcanzar un posto destacado na "pool position" do panorama das bandas emerxentes galegas. En 2011 sacan o seu primeiro disco e seguen a súa peregrinación polas salas de concertos participando en festivais de renome en Galicia.

 Agora "Fracasados" (a secas) -- Andrea Seijo (Voz), Brais López (Trompeta e Voz), Roman Suárez (Teclados), Bernardo Pita (Guitarras), Emilio Suárez (Guitarras), Bernardo Tejera (Baixo), Miguel Paz (Batería) presentan "Diáspora, ou seu novo traballo no que se que apretujan oito cancións de amplas vestiduras musicais de mestizaxe explosiva  -- rock hip-hop, funk, ska, reagge, música latina-- regadas con letras onde el escozor social ten o seu protagonismo, capaz de facer vibrar a públicos heteroxéneos cunha fórmula clara: a enerxía nos directos.

 O disco "Diáspora" e un escaparate "anticrise" xa que na súa páxina web podar escoitarse as canciós --"Diáspora", Alma presa", "Sabes ben", "A casa do pobre","Mass media"," A Marea",  Vilas e barrios é " Medo e noxo". Nos vindieiros días haberá unha ligazón para descargar ou disco de maneira gratuíta. Unha opción que sorprende, aínda que xa que os discos "non se venden", mellor regalalos para animar á xente a ir aos concertos, que é onde está--daquela maneira--o negocio.

Fracasados , presentarán " Diáspora" o sábado dia 7 no Garufa Club ás 22:00 h.