Actualmente
estamos a asistir a un novo "estiramento" do folk galego que busca novas rutas para viaxar no tempo
con nacentes formulacións musicais, pero sempre, asumindo a paternidade da música tradicional presente no seu ADN.
Foi , a partir da segunda metade da década dos 70 cando unha xeración de
músicos empezaron a mirar á fronte visualizando novas fronteiras que
traspasaron con valentía creativa e garantías interpretativas grupos e artistas
como Fuxan os Ventos, Emilio Cao, Milladoiro, Doa ou Quintas Canella, entre outros.
Eles foron a
vangarda que abriu e amplo os camiños para novas xeracións, impulsando a música
folk galega cara arriba
conquistando territorios
internacionais, onde deixaron, e seguen deixando, constancia da capacidade de
revitalización da música tradicional.
Grupos e artistas que son un elo
importante da nosa cultura e merecen recoñecemento e agradecemento pola
"ousadía" mostrada nos inicios da súa, por entón, "aventura".
Para lembrar aqueles
momentos que o tempo aparcou no esquecemento, e tamén para mostrar aquela riqueza musical a quen
por idade, non a puideron compartir, están a reeditarse as obras orixinarias que canalizaron a frescura daquelas refrescantes augas
musicais que manaron do manancial da creatividade , como é o caso de
"Fonte do Araño" , de Emilio Cao, recentemente reeditado en vinilo,
con motivo do seu 40 aniversario, que
está a ter unha boa acollida.
Outro grupo que formo parte do que se coñece como
o "amencer do folk galego", está
a piques de entrar na "corentena" artística é Doa, que aínda
en activo, prepárase para celebrar os 40 anos do seu primeiro disco "O son da estrela escura", no
que destacaba, na miña opinión, a súa
"armonización moi traballada, e un perfecto equilibrio na
distribución dos temas, que manteñen a atención desde o principio ao fin".
Doa
é, sen dúbida, unha formación histórica da música popular galega que a pesares
do tempo transcurrido desde finais dos 70 ate hoxe segue exercendo o seu
maxisterio musical co espíto de libertade que sempre caracterizou o seu longo
camiñar manténdoo durante as diferentes reconversións na súa formación pola que
pasaron músicos de excepcional calidade.
Doa na actualidade
O
seu elixir da eterna xuventude é a libertade nas súas diferentes fases
creativas e interpretativas; esa facultade que marcou camiño na súa historia á
hora de elixir as súas obras e desarrollar os seus proxectos musicais, sen
presións de tempo, cartos, modas ou imposicións das compañías discográficas.
Coincidiendo
con este 40 aniversario, Doa anuncia un "Concerto 40 Aniversario" no
que participan os compoñentes das distintas etapas e estilos, interpretando
pezas de toda súa historia discográfica e tamén preséntase a V edición dos Premios Martín
Códax dá Música promovidos pola Asociación de Músicos ao Vivo na categoría Música Tradicional e Folk . Que as votacións lle
sexan propicias
No hay comentarios:
Publicar un comentario