jueves, 19 de mayo de 2016

ZURRUMALLA "CAMIÑO POR TI"-- UN "ATURUXO" DE BRAVURA FESTIVA



Despois de escoitar as pezas do novo disco do grupo tradicional Zurrumulla, "Camiño por ti" (Inquedanzas Sonoras) non queda outra que lanzar un "aturuxo" de bravura festiva acompañado dun  exultante  "ardelle o eixo carballeira" .

 Un disco que é unha festa, tocado cun estilo musical,  baseado no tradicional e achegandose a un folk propio, con composicións e  arranxos que fan as ledicias do público .

Unha sorpresa de vitalidade, e novos aires  na nosa música,  con novas pezas de moi variados estilos e gustos, ainda que co carácter e son particular desta formación que camiña entre a tradición e a innovación , interpretando unha mínima parte da inmensidade da cultura musical galega, para deleitanos con 17 pezas tan frescas como evocadoras.

Este traballo é moi particular para os Zurrumalla, nin mais nin menos é un agradecemento constante, homenaxes sentidos, pezas do camiñar, dende a primeira “Pasodobre por ti”, unha peza dos seus amigos da mariña Guardesa, ata a penúltima, feita por Luís Correa “O Caruncho” na honra do Santo de Gondomar. 

Naceu como grupo ala por febreiro do ano 2000 cando uns amigos decidiron dar pulo os seus anceios e inquedanzas musicais. Desde o inicio, foron quen de ilusionarse e gozar coas notas que ían arrincando á historia e tradición musical da terra. 

Arredor dela crearon un universo no que se sinten unidos, ledos e orgullosos. O sus desexo e compartir ese gozo,  ledicia e orgullo amais de que entre todos e todas, dignifiquemos tradición.

 Por iso, durante estes anos da vida do grupo, ao longo dos moitos concertos pola xeografía do pais, procuran ofrecer o mellor como gaiteiros que poden arrincar de si mesmos. 

Zurrumalla siguen sendo:Patri Gonzalez (Pandeireta, culleres e voz), Carlos Sabariz, Pelouro(bombo e pratos), Suso Comesaña (Gaitas en Do e La, saxo soprano, piñas e voz), Juan Comesaña, Viti (Tamboril, caixa, culleres, triangulo), Nacho Alvarez (Acordeon, choca, e voz) e Bieito Lobariñas (Gaita en Do e La, zanfona, pandeiro, cunchas e voz)