sábado, 14 de mayo de 2016

COMENTARIO DE "FAME" O DISCO DA ORQUESTA DE JAZZ DE GALICIA, CANDO FOI EDITADO






Estamos ante un traballo que dignifica a cultura musical galega e tende pontes, con direccion de ida e volta, que comunican a música tradicional galega con outras. o jazz neste caso, coas que mantén un dialogo de profundidade melódica onde as harmonías falan, cos seus respectivos acentos, o idioma universal da música. 

Unha viaxe fascinante, con paisaxes cheas de imaxes sonoras emotivas, dramáticas e sensibles, que percorremos no "vehículo musical" da Orquesta Jazz de Galicia, que estrea o seu percorrido discográfico, cunha treintena de músicos destacados nos campos do jazz , a música sinfónica e a música tradicional. 

Roberto Somoza é o condutor-director e Pedro Lamas, comparte con el os magníficos arreglos que amenizan esta viaxe de beleza innegable O disco leva por título "Fame" e foi gravado no Auditorio de Galicia, en Santiago, baixo a dirección técnica de Pablo Barreiro, xefe do arquivo sonoro de Radio Galega. 

"O disco está composto por dez arreglos de temas populares galegos que chegaron a nós pola tradición oral e que reflicten a riqueza da nosa música", explica Lamas. Entre estes temas atópase "Toque de chifre de Faramontaos", que en 1952 rexistrou o musicólogo estadounidense Alan Lomax nunha aldea de Ourense e que anos máis tarde sería reinterpretado por Miles Davis e Gil Evans co título "The pan piper" e recolleito no mundialmente coñecido "Sketches of Spain" (1960), na que foi a primeira aproximación do jazz ao repertorio da música tradicional galega" e engade . "nace con clara vocación internacional, co propósito de mostrar ao mundo unha mova visión da música que se fai en Galicia", 



O autor do magnífico deseño de "Fame",é Xosé Teiga no que participa tamén o fotógrafo Óscar Martínez.