domingo, 26 de julio de 2015

"TU MUJER NOS ENGAÑA" "MALAS LINGUAS"

UN FEITO INSÓLITO :UN CD CUADRUPLO INÉDITO CON CORENTA TEMAS
O grupo de Bandeira- Pontevedra , "Tu Mujer nos engaña" " formado por Noelia Montoto - Voz; Lolo Arincón - guitarra; Iago Jorge - batería e percusións ;Francisco Montoto - baixo e coros  e Pablo López - guitarra, están que se saen" grazas ás "Malas Linguas" e "boas canciós" que contén, nun Cd cuádruplo inédito (non recompilatorio), corenta temas en galego, castelán e inglés.! Manda chover na Habana!.  

"Saíusenos un pouco de nai, pero está a funcionar ben e só coñecer tanta xente con tanto nivel foi un flipe. Ao principio preguntáronnos se estabamos tolos, pero nin un só nos dixo que non. E enriba custa 10 euros. Nos chineses non sería máis barato", confesa Lolo Arincón.  "O grupo creouse en 2009  e  na súa traxectoria, a banda recibiu varios premios e recoñecementos en diversas ocasións: "Quixemos facer algo que chamara a atención e que nunca se fixera e conseguímolo. Os colaboradores dicían que estabamos tolos mais todos prestáronse a participar". 

Este traballo, que fai o número dous do grupo,  levoulles dous longos anos, traballando no seu propio estudo de gravación, Xonix Records , e contaron  con "mogollón" de colaboradores de "alto standindg" como Alberto Cereijo dos Suaves, Óscar Avendaño de Sinistro Total, Fernando Madina de Reincidentes, Piti Sanz, Vituco Neira de Ruxe-ruxe, O Adhesivo, Xurxo Souto de Vos Diplomáticos , Xosé Antonio Touriñán e Marcos Pereiro (Mucha e Nucha) entre moitos outros.

 O seu percorrido musical polos territorios da rock- fusión está "petado" de variedade estilistica, desde o reggae ao rock metalero, pasando polo blues ou o funk, sempre pisando o acelerador con forza e enerxía coa intención de que o persoal llo pase ben, tanto como eles no seu desenvolvemento.