viernes, 9 de enero de 2015

"A FLOL DÁ CELDEILA", O "CONTO CHINÉS" DE XOSÉ QUINTAS CANELLA.


A HISTORIA DE ROSIÑA, A "FLOL DÁ CELDEILA", UNHA CHINESA INCAPAZ DE PRONUNCIAR O "ELE".




Cando os que coñecemos, e somos abundancia, o traballo musical de Xosé Quintás Canella, estabamos á espera de novo material  discográfico que seguise a profunda pegada deixada na cultura galega polo  seu primeiro e sorprendente disco "Porque non mundo mengou a verdade", cheo de fermosas cancións de inspiración neotrovadoresca , gravado en compañía de Eloy Caldeiro e Ánxel Barbadillo no selo galego Abrente, e editado en 1978, hoxe convertido en "obxecto de culto", este ourensán,de Allariz, fincado na Coruña, acaba de editar o libro "A flol dá celdeila.". Un conto chinés? (Editorial Everest),ilustrado por Ánxeles Ferrer, onde crea un personaxe   incapaz  de                        pronunciar o "l". A chinita sérvelle para tocar o idioma, o abuso do poder e o acoso. Con humor, porque sen retranca non tería sentido.

Interesado na súa lectura, na miña carta aos Reis Magos de Oriente, incluín a petición do mesmo e ¡Oh sorpresa!, trouxéronmo e como "fun bo" dedicado e todo, polo seu autor e amigo.




Cun prólogo moi ilustrativo sobre o autor e en contido a ler, escrito por Mero Iglesias, entrei de cheo na lectura da historia de Rosiña, a Flol dá Celdeila, unha chinesa incapaz de pronunciar o "ele"  e,  en dúas etapas gozar das "aventuras e desventuras" da protagonista escritas con palabras do común, que van desgrañando episodios desta mociña chinesa estigmatizada desde meniña, pola única razón de ser diferente aos outros nenos dá súa idade.

A súa lectura pracenteira  retrata, con humor  retranqueiro e sentida tenrura, aspectos relacionados coa exclusión, coa marxinación, coa intolerancia e co acoso, co poder abusivo e co desarraigamento, que lle van dando forma a unha narración entrefebrada doutras tantas historias e aventuras que  provoca ao longo da súa lectura un sorriso con rictus.
" agri- doce"




Escrito con amor e humor:  "tamén é o reflexo dun idioma en exclusión, do acoso  infantil e do abuso de poder porque conto a situación de China. Todo iso baixo a limitación de páxinas. Agora os libros teñen que ser pouco menos que un prospecto farmacéutico.", comenta Xosé Quintas quen engade "Intento escribir en galego e cunha linguaxe moi coloquial. Hai expresións que non escoitas desde hai tempo como cando lle ouvín á miña avoa dicir que a miña irmá non ía ao río porque "lle viu a flor dá carqueixa". É unha perla. Despois está toda nosa bichería e iso de que ¿se non é troita, é peixe?. Temos un idioma moi rico e, en realidade, eu cheguei á música polas palabras. Para min, as cancións teñen paisaxe, sabor, cor... Acabei cantando porque eses poemas que escribes aos 18, a min saíanme con música. Polo interese de sacar a tradición, cheguei á música medieval, un fenómeno único en Europa. Dáche conta que fomos un pobo que xa no século XI falabamos de consolodarores nas cantigas. Con todo, é un período que segue sendo descoñecido. Mendiño e Martín Codax estúdanse de corrido.

"Un conto chinés" que se le dun "tirón", dous no meu caso, e que remata cun final que non vou contar para estragar o desenlace.Asi que leánlo e gocen?.

"Aquí acabou ou conto, cada pita ao seu poleiro, cada intre aao seu burato e cada moucho ao seu sono"

E mentres seguimos esperando por "ese" novo disco de Xosé Quintas Canella porque, material, o que se di material, ten dabondo.