lunes, 23 de diciembre de 2013

O “ESTRAÑO” CASO DE ANDRES DO BARRO…


 O PAI DO POP GALEGO...

O 22 de decembro de 1989 falecía Andrés Lapique Do Barro á idade de 42 anos, deixando tras se o reguero dun legado artístico cheo de belas cancións, que o tempo a incluído na historia da música galega, e española, como corresponde a un home que tiña música e poesía no corazón e agarimo cara ao seu Galicia que proclamo xa na presentación da súa LP de título homónimo para deixar clara as súas intencións:

“Chámome Andrés e son galego, coñecín un galego que dicía que lle amolaba selo porque se lle notaba. A min tamén se me nota, e síntome orgulloso. Adoro a miña terra norteña, verde e afastada, primitiva e esquecida, nai fertilísima de homes que han ir sementando as súas vidas por terras de España, Portugal, América... Galicia de dentro, presente e Galicia de lonxe, ausente e "saudosa" condicionaron a miña música: han ir escribindo as sinxelas notas das miñas cancións. Os vosos eloxios e as vosas críticas, serán a parte importante deste traballo que realizamos….As miñas cancións. hoxe son en galego porque así as sentín e porque quero colaborar con todo interese e agarimo a dignificar o meu idioma materno, caído durante moitos anos no máis cruel menosprezo"

 Cancións como  Ou Tren, Corpiño Xeitoso ,San Antón, Salgueiro, Axunto do mar, Vou a Bueu,Teño Saudade, Para che  falar de amor, Hoxe voltei a casa e o impresionante Adeus, adeus, lograron que toda España cantase en galego E así , compondo músicas e letras, en ocasións xunto a Xavier Alcalá, e  cantando en galego  o aprecio toda España. A “fazaña” de Andrés non foi superada e vexo difícil que ninguén a supere, cantando en legua vernácula, non o fixo o admirado Serrat cantando en catalán polo que foi distinguido con honras en Cataluña en varias ocasions--.

 Ao comezo da súa carreira Andrés comentou

 “Estou a facer cancións de todo tipo para poder chegar a todas as xentes. Esta é a miña idea; cancións de amor, sociais e de todo tipo de contidos e de músicas, desde as máis melódicas e suaves até as máis psicodélicas pasando polo folk-song. Quero facer da música galega que sexa para toda a xente, tanto para os ye-yés das maiores salas de festas até para o último labrador que vai á charanga no patrón do pobo. Teño aínda moito que aprender…”.

E conseguíu, cantando en galego, ser número uno en catro ocasiones. Increíble, pero certo na que foi unha gran promoción para o idioma galego nuns momentos difíciles. Un record aínda non superado e dificilmente alcanzable por artistas e grupos galegos

Hai 24 anos que. Andrés colleu o “tren” cara a outra vida, e na súa despedida desta, marchar coa pena do esquecemento cravada no seu corazón, Un “esquecemento” que permanece  nas altas “instancias” da cultura galega, incapaces de recoñecer os máis que sobrados méritos deste compositor, cantante e galego recolleitos na súa obra artística.

É un caso “estraño” posto que o que non aprecian os “jerifaltes culturais” , calou fondo no recordo que del e a súa obra teñen miles e miles de persoas que desde a Galicia “presente” e da “ausente”--- Portugal, Francia, Irlanda, Inglaterra, Alemaña, Croacia, diferentes países latinoamericanos, e Norteamérica, --solicitan ese merecido recoñecemento póstumo

Ocasionalmente, tras a súa morte, amigos e seguidores no seu día de Andrés Do Barro conxuráronse para rescatar e destacar o moito e bo que fixo pola música e a canción galega.. No ano 2007 edítase un dobre CD “Manifesto Dobarrista” editado pola Regeueifa plataforma, Falcatruada e Lonxa Cultural, como tributo a Andrés Do Barro, ao que se considera o “pai do pop galego”, no que participante 30 grupos emerxentes do pop,  rock , e hip hop galego.  Un traballo que culmina nunha serie de iniciativas – documental incluido -- nas que se pretende dignificar e recuperar a figura do artista ferrolán, actualizando o seu legado . Un traballo que constitúe unha homenaxe A Do Barro como compositor de cancións populares comprometido cultural e politicamente.

UNHA MEDALLA DE GALICIA PARA ANDRÉS DO BARRO

As “medalla de Galicia” as  concede a Xunta de Galicia : a persoas e institucións polos seus méritos ao servizo de Galicia en calquera aspecto da realidade social, cultural ou económica .

Teño claro que a medalla lle “cae de caixón “, a Andrés do Barro.xa que “encaixa” perfectamente nesta normativa. O “estraño” do caso é que a “oficialidade” se mostre tan remisa ao ratificar o que a xente xa lle outorgou a . Raro, raro, raro…

Persoalmente teño constancias abafadoras de que a xente non se explica o porqué Andrés aínda non tivo ese recoñecemento oficial . Agora que están tan de moda as enquisas, se sé preguntará á rúa se a “merece” ou “non” ,creo que a porcentaxe do “se” sería maioritario.

Pode ser, quizais, que se estea esperando ao 25 aniversario do seu falecemento.

Seguimos tendo saudade de ti…