jueves, 12 de diciembre de 2013

ANTÓN SEOANE:" DE VOCES CEIBES A MILLADOIRO "

UNHA VIAXE NO TEMPO DA MAN DE ANTÓN SEOANE, TODA UNHA REFERENCIA DO
FOLK GALEGO, DENDE 1973 A 1978.

"De Voces Ceibes a Milladoiro” e moito maís que un libro, é  un documento moi interesante que clarifica o camiño da música galega. 




Xa hai un documental co mesmo título e a mesma temática, “De Voces Ceibes a Milladoiro”.Agora chega un disco-libro de Editorial Galaxia e PAI, no que Antón Seoane, un dos músicos referenciales do folk galego e peza fundamental de Milladoiro, lévanos de viaxe  polo período 1973-1978 revisando a aparición do Movemento Popular da Canción Galega  no que se xestou  o brilante presente do folk galego durante o “fin do franquismo”, e o nacemento dun proxecto absolutamente diferente, que empezou a camiñar por aquel entón e que non era outro que a construción dunha música “nosa”, da que o grupo Milladoiro foi un dos alicerces  fundamentais.





Estamos ante unha obra que narra e aclara unha época histórica para a música galega que estaba rodeada de “neboas” . “De Voces Ceibes a Milladoiro” e moito maís que un libro, é  un documento moi interesante que clarifica o camiño da música galega. Unha viaxe non tempo.dá man de Antón Seoane dende o recital histórico en abril de 1968, en tempos dá censura franquista, na Facultade de Medicina de Santiago. onde saíu ou xermolo de Voces Ceibes que se presentaría ese mesmo ano no Cinema Capitol para desintregrarse no1975. Alguns dous membros de Voces Ceibes e grupos que xurdian, integraronse no Movemento Popular da Canción Galega que tivo como presentación o festival de marzo de 1975 non Pavillón dos Deportes do Sar en Santiago, con “asistencia “ dá Brigada de Investigación Social --a policía política do franquismo -- que escribiu informes detallados de cada un dous cantantes.. A elección dese paréntese temporal (1973-1978) vén dado polo desexo de Seoane de lembra-os anos anteriores "á saída do primeiro disco de Milladoiro ó tempo que se revisa unha época e unha épica".

O libro acompáñase dun formidable CD non que Antón Seoane, Pilocha e Rodrigo Romaní, coa participación de Nando Casal, Bibiano, Miro Casabella, X. Quintas Canella, Dónal Lunny, Harry C., Roi Casal, Manú Conde, Pancho Álvarez, Anxo Pintos, Segundo Grandio, Laura Amado, Quico de Cariño, Natalia Zoltan e outros compañeiros de viaxe e aventuras, volven gravar, dándolles nova vida a cancións emblemáticas do período 1973-1978, algunhas delas rexistradas para este proxecto por vez primeira.

PASABA POR ALÍ...

No capítulo “Unha casa  e ou disco Milladoiro”, servidor sae a relucir xunto ao meu amigo Xerardo Rodríguez responsable do outro selo discografico  galego “Xeira”, editado por Moviplay mentres eu estaba metido no cotarro musical de Abrente selo galego que editaba Zafiro. Conta Antón Seoane


No sur era obrigado citar a Xerardo Rodríguez, pero no norte sería un gravísimo esquecemento non lembrar  a Nonito Pereira, personaxe clave de moito do que se contou, de quen debo salientar que sabendo que non coincidíamos ideolóxica nin políticamente , nunca houbo atrancos para o respeto  e a amizade, que perdura treinta e cincos anos despois. Dende a súa tenda de discos, na rúa Padre Feijóo da Coruña, sentaba cátedra no e no rock da época, e ainda tiña tempo para facer crítica musical en La Voz de Galicia.


Foi él quen propiciou o selo Abrente como marca diferenciada dentro de Zafiro-Novola; foi el que soubo ver un “futuro” que chamaba as portas.Moitas das propostas musicais que despois tomaron Corpo naceron daquelas xuntanzas, rodeados de centos de vinilos, sendo tamán el que fixo a primeíra recesión do disco Milladoiro, nun longo artigo publicado  o 12 de febreiro do 1978. Unha forte aperta, unha de tantas, xa que posteriormente foi fiel asistente aos concertos que Milladoiro daba na súa cidade.


Sería na cafetería Chantada, fronte á tenda de discos de Nonito, onde o grupo Milladoiro debatiría entre chamarse así ou Maeloc; era o outono de 1978, perso esa non é a memoria de hoxe.O que importa e que a súa teima  permitiu que músicos como EmilioCao ou Quintas Canella comenzasen  a súa andaina musical. No caso de Emilio sería o comenzo dunha discografía prolífica, innovadora e ainda produtiva.Caso particular e moi distinto foi o de Q. Canella. Recoñecíase un analfabeto musical, total autodidacta, e sen saber tocar instrumentoningún; eso si,tiña os seus músicos , Eloy Vázquez e Ánxel Barbadillo que traducían e enriquecían as súas curiosísimas intuicións e creacións musicais.Partindo desa autoproclamada “ignorancia” fixo un único e sorprendente disco, cheo de hermosas cancións de inspiración neotrovadoresco, “Porque no mundo minguou a verdade”. Levamos anos agardando no material de tan “peculiar” autor…”


:P.D. Grazas Antón pola túa amizade. Que saibas que estou moi orgulloso por cruzarme no voso camiño. O meu era outro---o jazz, o pop, o rock --- pero afortunadamente atopámonos no cruzamento da música e de aí xurdiu ese “Abrente” do que falas. Moitas veces chamáronme “visionario” cando tiña as ideas moi claras. Se algo fixen foi  pór “asfalto” no camiño da música galega para que artistas e persoas, coas que sigo compartindo amizade a pesar dos anos, o percorresen e percorran con éxito e dignidade. Ese é o “mérito” –modestia aparte—do que “presumo portas para dentro".Ou sexa, conmigo mismo.  Un abrazo moi forte.