María
naceu e creceu artisticamente no fado e a el segue dedicando a súa vida
artística.Sente e comunícao con entrega e alma, até o punto de converterse
nunha dás súas voces máis respectadas. Agora
presenta o seu novo disco "A Fadista", que fai o número 14 dunha
carreira discográfica, que comezou en 1997 coas súas "Cartas de Amor.
Esta
cantante portuguesa de nacemento e ourensá de vivencias, que ten a súa
"alma" empapada de sentir
portugués e a dozura natural do idioma
galego, está en plena madurez artística, asentada no transcurso do seu camiñar humano e
artístico no que deu cumprida mostra da súa arte durante
unha sólida carreira con itinerario internacional, asperxida con premios e encomiásticos recoñecementos, na que "a
súa voz que acariña", en directo o nos seus discos, é capaz de facer que o
público se mergulle emocionalmente e de
inmediato nun ambiente musical presidido por unha beleza artística , é o don da
súa voz, engalanada por unha humildade, que é a verdadeira esencia da súa
persoa .
Agora
María do Ceo presenta o seu novo disco "A Fadista". Un título elixido cun obxectivo concreto : "que
fosen fados cos que sente identificada ".
E xunto a eles cancións en galego que conviven nun espazo emocional no que as texturas sonoras expresan sentimentos compartidos.
Cando ela canta, faio con "Bágoas na alma", esas que emanan da emoción, e se balancean entre a nostalxia, a melancolía, a dozura, a paixón e a tenrura. , sendo capaces de provocar un "congoxa sensitiva" con fluxos e refluxos que alivian os "quebrantos da alma" coas alegrías dos temas populares.

Tanto
se canta fados, fados cancións, coma se
navega por temas populares provoca e transmite
un vaivén musical que produce unha
sensación pracenteira na súa escoita
Gravado
nos estudos "E Disco" da Estrada acompañan a María do Ceo, Alex
Salgado (guitarra portuguesa), José Salgado (guitarra española), Fernando
Campòs (baixo) e Kinhos Saburido (percusión)
que adornan e dan un colorido instrumental a este disco,
"xenuíno" tanto vocal como musicalmente que remove o fluír das
emocións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario