viernes, 26 de junio de 2015

ANDRES DO BARRO XA TEN UNHA BIOGRAFÍA OFICIAL

                         ANDRES DO BARRO XA TEN UNHA BIOGRAFÍA OFICIAL





Excelente noticia para quen desde hai algún tempo estamos a quentar, iso si, sen sorte, de momento, os oídos de quen se encargan de dar distincións na Xunta de Galicia. ¡ Unha medallita pó favó!, reclamamos os "pedichones" clamando no deserto institucional. Os méritos de Andrés do Barro para un recoñecemento oficial en favor da divulgación do idioma galego caen en "saco roto" e tamén o de ser o "pater familia" do pop-rock galego, que dada a súa "escasa validez cultural" (?) pasa desapercibido.

Se cadra, penso eu, que como a nivel popular xa se lle concederon reiteradas distincións a Andrés, alguén pensa que xa non ten sitio na pechera da súa curriculum para prenderlle outra. Aínda que así sexa, tamén se lle pode colgar.Digo eu.

Ao que ía…Fernando Fernández Rego escribiu baixo o título de "Saudade" (LaFonoteca)  a primeira biografía oficial prologada polo seu fillo Andrés Lapique López onde se repasa con minuciosidade a vida e a obra de Do Barro. O libro de amena lectura descobre episodios pouco coñecidos da vida deste artista e reivindica a súa importancia no ámbito cultural galego, "sacando brilo" a quen fixo cantar a toda España en galego.


Persoalmente coñecino nos bos tempos e nos non tan bos, compartímos decenas de entrevistas en prensa e radio, e sempre Andrés mostrou un inquebrantable amor pola súa terra aínda que, nos últimos momentos non fose "profeta na súa terra", do que se lamentaba . Andrés marchouse coa pena do esquecemento cravada na súa tristeza.

 A súa imaxe postremeira, empapada na penuria da felicidade, volve á miña cada vez que viro a cabeza cara atrás e percorro de novo o camiño do seu legado artístico e humano. Aquelas cancións de amor e vida que esculpía , con voz pouco feita para o canto, pero cunha emotividade que atragantaba de tanta tenrura dobregáronse ante as adversidades.

 É tempo de "devolvelo á vida", para  colocalo no lugar que se merece pola súa obra que o tempo mantén viva no recordo. Oxalá esta biografía sexa un banzo máis, despois do éxito popular alcanzado polo documental, para devolverlle e enviarlle, alá onde estea, ese sorriso de felicidade que se borrou nunha persoa posuidora dunha gran calidade humana e dunha creatividade artistica que merece recompensas á súa memoria.






 ANDRES DO BARRO YA TIENE UNA BIOGRAFÍA OFICIAL

Excelente noticia para quienes desde hace algún tiempo estamos calentando, eso sí, sin suerte, de momento, los oídos de quienes se encargan de dar distinciones en la Xunta de Galicia. ¡Una medallita pó favó!, reclamamos los "pedichones" clamando en el desierto institucional. Los méritos de Andrés do Barro para un reconocimiento oficial en favor de la divulgación del idioma gallego, caen en "saco roto" y también ser el "pater familia" del pop-rock gallego, que dada su "escasa validez cultural" (?) pasa desapercibido.

A lo mejor, pienso yo, que como a nivel popular ya se le concedieron reiteradas distinciones a Andrés, a lo mejor piensa alguien que ya no tiene sitio para prenderle otra. Aunque así sea, también se le puede colgar.Digo yo.

A lo que iba…Fernando Fernández Rego ha escrito bajo el título de "Saudade" (LaFonoteca)  la primera biografía oficial prologada por su hijo Andrés Lapique López donde se repasa con minuciosidad la vida y la obra de Do Barro. El libro de amena lectura descubre episodios poco conocidos de la vida de este artista y reivindica su importancia en el ámbito cultural gallego, sacando brilló a llegar a ser quién hizo cantar a toda España en gallego.

 Personalmente lo conocí en los buenos tiempos y en los no tan buenos, compartí con el decenas de entrevistas en prensa y radio, y siempre Andrés mostró un inquebrantable amor por su tierra natal aunque, en los últimos momentos no fuera "profeta en ella", de lo que se lamentaba . Andrés se marchó con la pena del olvido clavada en su tristeza.

Su imagen postrera, empapada en la penuria de la felicidad, vuelve a mi cada vez que giro la cabeza hacia atrás y recorro de nuevo el camino de su legado artístico y humano. Aquellas canciones de amor y vida que esculpía en sus canciones, con voz poco hecha para el canto, pero con una emotividad que atragantaba de tanta ternura se doblegaron ante las adversidades.

Es tiempo de "devolverlo a la vida", para  colocarlo en el lugar que se merece por su obra que el tiempo mantiene viva en el recuerdo. Ojala esta biografía sea un peldaño más, después del éxito popular alcanzado por el documental, para devolverle y enviarle, allá donde esté, esa sonrisa de felicidad que se borró en una persona poseedora de una gran calidad humana y de una creatividad artistica que merece recompensas a su memoria.