viernes, 29 de marzo de 2019

FAMILIA CAAMAGNO "HABÍA QUE INTENTALO" É O INTENTARON.





Pués iso a Familia Caamagno téntouno e lógrouno. Os de Sigüeiro, onde fai xa sete anos naceu  Familia Caamagno, con músicos unidos polo cordón umbilical da súa paixón polo rock e o pop ,-- Toni Caamagno (batería e coros), Lano Caamagno (baixo), Francesco Caamagno (guitarra e coros), Jess Caamagno (guitarra) e Manuele Caamagno (voz e saxofón) -- . coa "sa intención de corromper  e degenerar musicalmente á mocidade do século XXI", e a variedade como unha das súas principais virtudes,.desato a atención dos medios especializados. 

Ao día de hoxe,  figuran na listaxe de grupos relevantes da plataforma da música galega, levantados por tres EP´S" de seis cancións, pondo a bailar a públicos de toda condición por múltiples escenarios e outro cantando ao Nadal. Unha situación, que co seu novo disco, o primeiro de longa duración, "Había que Inténtalo ", nome co bautizaron ao "recentemente nado", apontoan,  cos seus "cueiros musicais"  contaminados pola  ironía, o humor e a constante incitación ao baile  despois de tres anos sen sacar "matería" nova. 

Era tempo de alargar o seu proxecto inicial e puxéronse ao "tallo" para tentalo.e tentárono sacando adiante  este traballo " baixo ordés" de Jorge Explosión nos estudos Circo Perroti de Xixón. 

O resultado é un "artefacto musical" con oito cancións con bonus track de agasallo --"Canción Moderna de Occidente", adiantada  en formato videoclip hai uns meses gravado con Hevi de Malandrómeda --que trae un estiramiénto estilístico do "garage revival dos 60", por onde  discorreron os seus anteriores traballos , cara a un enérgetico "power pop",  sempre divertido , "marca da casa", con melodías e letras máis traballadas, polas que discurrieron os seu anteriores traballos.

 Editado por Folc Records , en vinilo e tamén en CD "polo si acaso alguén non ten tocadiscos en casa" o artwok pertece a  Leo Sousa. 

  Con este novo disco como bandeira,  a Familia Caamagno volverá ás "andadas" do directo que durante o verán serán abundantes xa que os seus concertos   gozan de fama grazas á enerxía que Familia Caamaño desprende sobre o escenario.

 No horizonte xa aparece entre os grupos participantes de "O son do Camiño" no Monte do Gozo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario