Alegría
e contento por escoitar un novo traballo de Rodrigo Romani recuperado do
accidente que lle corto medio dedo angular dereito que lle imposibilitaba para
tocar a arpa.
Felizmente recuperado Rodrigo volve a bordar, coas cordas da
arpa, uns fíos de ouro que se ganduxan no aire recreando un xogo sónico de
luces e sombras, que nos transportan a espazos sensoriais danzaríns, de
penumbras estilísticas, de discursos entreverados con alusións a músicas de
diversas orixes, nas que a tradición oral da música popular vertebra un produto
inconfundiblemente galego.
No seu novo álbum, "Fios de Ouro non Ar"
(Altafonte), o cuarto no seu camiñar solitario , vén acompañado por Bea
Martínez e Xulia Feixoo, dous relevantes intérpretes do panorama do novo folk galego. A eles xúntanse as voces convidadas de Inés
Lorenzo (As Arpas de Breogán) e Guillerme Ignacio (Quempallou) e o cuarteto de
corda Novecento.
Rodrigo Romaní xurdiu no mundo da música profesional como
parte do movemento popular da canción galega na segunda metade dos anos 70.
Formou parella artística co músico Antón Seoane. co que editaría en 1977 o
álbum "Milladoiro" cuxo título daría posteriormente nome a un dos
grupos referenciales do folk galego dous anos despois ao unirse ambos co grupo
de música tradicional Faíscas do Xiabre .
Tras percorrer a escena folclórica
mundial e gravar doce álbums, en 2001
deixou o grupo para dedicarse a outras actividades artísticas e educativas.
Recuperado do accidente tras moitas horas de traballo, atopou unha nova
técnica, que escoitamos no seu último disco, centrando nel a sonoridad da arpa
diatónica, coñecida como arpa celta.
O
resultado revela un concerto de sonoridades rítmicas, delicadas ao mesmo tempo
, evocadas pola complexidade de dúas arpas combinadas con elementos electrónicos
e percusións acústicas unidas ao canto e a ocarina, ou ao acompañamento
elegante do cuarteto clásico de corda
,construíndo unhas melodías que proceden tanto dá adaptación de pezas dá
tradición oral como de composicións actuais que seguen, e amplían o camiño
iniciado co seu anterior traballo "As Arpas de Breogan".
No hay comentarios:
Publicar un comentario