sábado, 7 de abril de 2018

PREMIOS MARTÍN CODAX DA MÚSICA V EDICIÓN




Estes premios, organizados baixo a tutela da" Asociación Músicos ao Vivo", que dan visibilidade mediática á creación, a diversidade e a calidade das producións galegas, pondo en escena aos novos talentos, van que "chutan"  por unha ascendente traxectoria que chega a sua V edición. 

As votacións para coñecer os finalistas de cada apartado terminarán o 6 de maio e tres días máis tarde, coñeceranse os gañadores dos diferentes apartados.

Desde Músicos ao Vivo mostran a súa alegría polo impacto logrado ca súa V edición á que se presentaron 449 proxectos dos cales 397 son musicais, repartidos nos seus 15 apartados e os restantes relacionados coa industria musical. Non é para menos. 

A súa consolidación é unha realidade e todo fai supor que os Premios Martín Codax dá Música, non tocou teito e teñen por diante un próspero percorrido para seguir insistindo na necesidade do  recoñecemento, oficial e público,  do potencial da música galega, que conta cunha enorme produción e creación musical, ao que hai que seguir buscando unha maior rendibilidade. 

O apartado que máis inscricións tivo foi o do "Rock" (55), seguido polo (Pop-Indie) (43). Séguenlles os apartados de "Música  tradicional e Folk"(39), "Músicas do mundo" (37) e "Canción de autor" (36). O "Jazz-Músicas Improvisadas" e "Música infantil" recibiron cada un 26 inscricións. Tamén hai un empate a 24 entre "Hip-hop-Músicas urbanas" e "Música Clásica- Contemporánea". A "Música Electrónica" figura con 23 e o "Blues-Funk-Soul" con 20 . 

Séguenlle O "Metal" con 17 e o "Reggae-Ska-Mestizaxe" con 13. Pechan a relación de inscritos "Coros e grupos vocais" con 9 e o apartado que menos tivo foi "sorprendentemente" o de "Orquestras-Grupos e Música de Verbena" con 5, que ao parecer "xogan"  noutra "liga". O número de inscricións en cada apartado musical perfilan dalgunha maneira o mapa estilístico galego. 

Nos apartados relacionados coa industria musical o que maior número de inscricións recibiu foi o de "Festivais" (22), seguido por "Medios de Comunicación" (16) e Salas (14). 

Nesta nova edición outorgaranse dous Premios Honoríficos, en lugar dun e a identidade das persoas agraciadas cos mesmos coñecerase o 3 de maio.


PREMIOS MARTÍN CODAX DA MÚSICA
V EDICIÓN

Estos premios, organizados bajo la tutela de la" Asociación Músicos ao Vivo", que dan visibilidad mediática a la creación, la diversidad y la calidad de las producciones gallegas, poniendo en escena a los nuevos talentos, van que "chutan"  por una ascendente trayectoria que llega a su V edición.

Las votaciones para conocer los finalistas de cada apartado terminarán el 6 de mayo y tres días más tarde, se conocerán los ganadores de los diferentes apartados.

Desde Músicos ao Vivo muestran su alegría por el impacto logrado con su V edición a la que se han presentado 449 proyectos de los cuales 397 son musicales, repartidos en sus 15 apartados y los restantes relacionados con la industria musical. No es para menos. 

Su consolidación es una realidad y todo hace suponer que los Premios Martín Codax da Música, no ha tocado techo y tienen por delante un próspero recorrido para seguir insistiendo en la necesidad del  reconocimiento, oficial y público,  del potencial de la música gallega, que cuenta con una enorme producción y creación musical, al que hay que seguir buscando una mayor rentabilidad. 

El apartado que más inscripciones tuvo fue el del "Rock" (55), seguido por el (Pop-Indie) (43). Les siguen los apartados de  "Música tradicional e Folk"(39), "Músicas del mundo" (37) y "Canción de autor" (36). El "Jazz-Músicas Improvisadas" y "Música infantil" han recibido cada una 26 inscripciones. También hay un empate a 24 entre "Hip-hop-Músicas urbanas" y "Música Clásica- Contemporánea". La "Música Electrónica" figura con 23 y el "Blues-Funk-Soul" con 20 .
 Le siguen el "Metal" con 17 y el "Reggae-Ska-Mestizaxe" con 13. Cierran la relación de inscritos "coros e grupos vocales" con 9 y el apartado que menos tuvo fue "sorprendentemente" el de "Orquestas-Grupos y Música de Verbena" con 5, que al parecer "juegan"  en otra "liga". 

El número de inscripciones en cada apartado musical perfilan de alguna manera el mapa estilístico gallego. 

En los apartados relacionados con la industria musical el que mayor número de inscripciones recibió fue el de "Festivales" (22), seguido por "Medios de Comunicación" (16) y Salas (14). 

En esta nueva edición se otorgarán dos Premios Honoríficos, en lugar de uno y la identidad de las personas agraciadas con los mismos se conocerá el 3 de mayo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario