lunes, 16 de enero de 2017

TALABARTE "FAKE""O NON "FAKE"...ESA É A CUESTIÓN.


CERTO O NON CERTO O CASO E QUE A VIAXE DE TALABARTE E DO MAIS ENTRETIDO



Aquí temos a Quim Farinha, Pedro Pascual e Kin Garcia-- mienbros ilustres do folk galego -- viaxando en "Tradincerto", un aparello antigo de despezamento, polo mundo metáforico de Campoamor, no que "nada é verdade ou mentira e todo depende do que uno queira crer". O que na linguaxe utilizada no mundo de Internet coñécese como "fake", falso, é algo que non é o que "aparenta".

 Os mencionados viaxeiros quedaron alucinados ao escoitar no seu longo viaxar por eses mundos historias cuxa credibilidade tiña varias caras.  A oficial, que é a que adoita estar escrita nos libros, ou a popular, que é a que pertence á memoria da xente; outras eran falsas e fixéronlles crer na súa veracidade; tamén as había das que formaban parte de lendas ou tradicións..

 Aos asombrados tripulantes do Tradicentro, pícolles a curiosidade e déixolles o aguillón da incerteza  e de aí xurdiu "Fake", co fío condutor desas historias que non sábese canto teñen de real e canto non, editado en gran formato cun Cd de 12 temas  onde mesturan influencias, de sons, e tamén de historias escoitadas e contadas en tabernas que  compilan  con ritmos bailables dá tradición europea, e mesmo de alén do Atlántico, mazurcas, schottish, milongas, polskas ou tarantella , que vai inserido nun libro de 50 páxinas con ilustracións de P. Pastor e textos de Carlos Meixide. 

Nota editorial: Algúns analistas desta obra concluíron que a viaxe do Tradincerto nunca se puido realizar, xa que certos estudos técnicos acerca da aerodinámica deste aparello pon en dúbida a súa capacidade para voar unha ducia de metros.

 Por tanto é fácil deducir que estes documentos gráficos e sonoros foron catalogados como un auténtico "fake", tendo en conta ademais que os seus autores -como puideron comprobar os analistas antes mencionados- son uns verdadeiros mestres nesta arte. "Fake" o no "fake", esa é a cuestión.


.








No hay comentarios:

Publicar un comentario