miércoles, 28 de diciembre de 2016

OS "CANTARES" DOS CARUNCHOS

Hai uns días comentaba  neste blogg o último disco de Eladio e os Seres Queridos que leva por título "Cantares". Agora chega o sexto traballo discográfico do grupo tradicional galego Os Carunchos que tamén leva por nome "Cantares".

Mesma denominación para un contido que esta hermanado polo cordón umbilical que lles une á tradición musical galega. Aínda que visten diferentes roupaxes musicais estes artistas transmiten a súa arte e  emocións a través de revisións ou adaptacións do patrimonio musical galego impregnándoo con novo colorido melódico e rítmico.

 No caso de Os Carunchos o seu novo disco "Cantares" xira en torno da poesía popular e fano con letras propias e cunha especial atención á obra de poetas como Rosalia de Castro, Dario Xohán Cabana, Manolo Pipas ,Carlos Fontes e Celso Emilio Ferreiro que abre o disco co seu poema "Cantares"

Moitos foron os poemas que se converteron en canción de man dos cantautores. Se a música é o "sal da vida", entón a poesía son esas palabras que lle dan sentido. Por tanto, non é de estrañar que se apoien mutuamente en busca de inspiración que no caso  de Os Carunchos nace, crece e desenvólvese na súa esencia "gaiteira" , esa que lles move  á necesidade primaria de facer e compartir música galega para o baile ou a festa  desde hai 20 anos , percorrendo Galicia de festa en festa sempre comprometidos co pais galego e a sua cultura, poñendo especial atencion na conservacion dá nosa lingua e deixando as súas pegadas musicais en discos como Á que vai!, Sen tempo non era, Montealegre,En Galego é Ti Que?.



E como o cantar non ten cancela xa que cantan as nais, os pais, os fillos, os avós, as netas, Luís - Voz, Gaita, Zanfona, Requinta e Percusión; Pablo - Voz, Gaita e Acordeon; Alberto - Voz, Percusión e Gaita; Juan - Voz, Gaita, Zanfona e Percusión e Isaac - Voz e Percusión, tamén cantan e tocan en 17 pezas, cantares, convidándonos a que todos cantemos con eles . Unha invitación que non podemos rexeitar.

¡Lume!. ! A cantar e bailar!.








No hay comentarios:

Publicar un comentario