viernes, 16 de diciembre de 2016

AS "VERBAS" DE XOAN EÍRIZ RESOAN NO VENTO MUSICAL


"A  SÚA VOZ PODEROSA , CON TEXTURAS DE CANTO LÍRICO, VOA SOBRE ARGUMENTOS MUSICAIS JAZZÍSTICOS, DE BOSSA NOVA OU TANGO  DEIXANDO O RONSEL DO IDIOMA GALEGO NAS ALTURAS, ONDE TEN QUE ESTAR".




Coñezo a Xoan Eiriz e as súa andaina musical dende fai moitos anos.Sempre estivo nos escaparates da música galega, dando o "do de peito" cunha voz absolutamente empapada dunha acentuada emoción que vibra cunha paixón total na  súa cruzada por dignificar ao idioma galego, perfilando, con trazos vocais profundos e enfáticos, novos rostros sonoros  no seu repertorio que ten o idioma galego como referencia ineludible.

A súa longa estancia no santuario da canción galega é vocacional e desde os seus comezos Xoan Eíriz  sentíu o desexo de emprender e percorrer o camiño artístico , cunha voz que corre detrás das ilusións para convertelas en realidade, pondo as súas aptitudes ao servizo do seu idioma materno : "Desde que empecei a cantar, fai máis de trinta anos, sempre tiven como  pensamento fixo amosar que ou galego é unha lingua flexible para cantar  calquera tema" . E esa vocación foi o  compás que marco o rumbo no seu xa longo peregrinar artístico, no que deixo o seu sinal testemuñal en 14 discos editados.

A súa voz profunda, con texituras de canto lírico, tensionada pola emoción, é o seu aceno de identidade, esa que lle permite exercer unha sensibilidade interpretativa moi desenvolvida cunha técnica vocal que lle permita usar a súa voz de maneira eficaz, fundamental para o canto, que soa e "resoa" en   "Verbas non vento"  o seu recentemente editado disco que está cheo de contrastes a maneira dun gratificante "claro - escuro " musical polo tratamento vocal e instrumental que escoitamos. 





Dicía Mercedes Sosa que "o cantante é o que pode e o cantor o que debe". Neste caso Xoan Eiriz , pode e debe. Canta e á vez mostra a súa faceta de cantautor posto que,  aínda que as cancións non sexan de propia autoría e estean incorporadas ao repertorio popular, teñen esa "resonancia emotiva" que atrapa .

Boa culpa desta atracción téñena os arranxos e os músicos que o acompañan -- Iago Mouriño arreglista e pianista; Pablo Sanmamaed
,contrabaixo e chelo; Alfredo García,guitarrista;Óscar Quintas batería e percusión , José García, saxofón e Julieta Barrio, voz -- que pon ás instrumentais para que a voz de Eiríz voe poderosa sobre argumentos musicais jazzísticos, de bossa  nova ou tango. Desa maneira lanza ao vento cancións do repertorio popular como "Miña Terra Galega", "Quen poidera enamorala", "Galicia Terra Nosa", "Teño Saudade", "Mentras eu peno", "Meu amor é mariñeiro", "Airiños, airiños, aires", "Lela", "Túa nai e meiga", "A lavandeira dá noie" e "Chove en Santiago .

Por dereito, "cancións de sempre" que voan agora polo aire dos novos tempos musicais deixando o ronsel do idioma galego nas alturas, onde ten que estar.




No hay comentarios:

Publicar un comentario