martes, 25 de marzo de 2014

ROI CASAL "DONOS DO NOSO DESTINO"






O arpista Roi Casal presenta o seu novo disco,"Donos do noso destino"  Nos sete temas que dan vida a este traballo Casal segue transitando polo camiño, da música pop,  que en Galicia ten pouco tráfico, partindo de instrumentos como a zanfoña e a arpa. Un álbum, " que ten a forza e personalidade propias dunha xeración que aspira a ser doa do seu propio destino" segundo propio testemuño.

A arpa chegou a música folk galega, cos seus sons exquisitos, etéreos de alta vibración emocional, no disco "Fonte do Araño",de Emilio Cao, editado en 1977 que apadriñado por Alan Stivell abriu o camiño cara á cultura musical celta en Galicia. Foi pouco tempo despois ,xunto a Antón Seoane, cando  Rodrigo Romaní  mantivo a súa presenza no disco Milladoiro, e introduciuna na imaxinaría instrumental do grupo do mesmo nome, no que foi relevado por Roi Casal, fillo de Nando Casal, compoñente histórico da agrupación folklórica Faiscas do Xiabre e de Milladoiro.

 Durante anos segue o ronsel que vertebra a música folk  galega a partir deste instrumento , ata que en 2009 decidíu emprender a súa carreira en solitario cara ao pop: "É unha vía que creo que permanecía pouco explorada e que imos consolidando con moito esforzo despois de tres anos. Eu non quería facer folk propiamente porque para iso xa estaba nun dos maiores grupos do mundo, eu quería marcar o meu sinal", explica sobre a súa traxectoria e a súa forma de facer música, que neste novo disco confesa  que buscou un xiro ainda máis pop 

En "Donos do noso destino", hai composicións musicais propias, algunhas de base tradicional,asi como letras, e tamén  de poetas como Rosalía de Castro o Xosé María Días Castro. . O encanto da arpa tamén ten moito que ver co seu aspecto simbólico de gran contido que a converte en fonte  inspiradora para o artista, non só da música senón da palabra.

 Por iso é polo que as canciós teñan unha microhistoria detrás na que subxacen valores, sentimentos, situacións persoais e ambicións que conforman o relato dunha historia global. "The captain of My Soul", terceiro tema do álbum, ten por letra un poema de William Ernest Henley e constitúe un deses fermosos relatos que finalmente acabaron por dar título ao propio disco. En palabras de Roi, "pertenzo a unha xeracion a que se lle teñen posto as cousas difiíciles, pero sigo crendo que temos a oportunidade, dende un punto de vista individual ate o colectivo, de transformar a nosa realidade para chegar a onde nos propongamos". ,