lunes, 25 de febrero de 2019

"SUSO VAAMONDE, VOZ DE TREBÓN" LIBRO HOMENAXE ESCRITO POR MIGUEL BOÓ




O xornalista Miguel Boó presentará hoxe luns, ás 20 horas, no CGAI da Coruña, o libro "Suso Vaamonde, voz de trebón" en compañía de Antón Reixa . Alí estarei.

 Coñecín a Suso a finais dos anos 70 e mantivemos unhas relacións de amizade e "rivalidade" profesional até o seu exilio en Venezuela. 

Era un cantautor comprometido, un idealista que sempre defendió as súas conviccións "mollándose", ben a través de composicións propias ou músicando a poetas galegos. 

Pero tamén era un "cachondo mental" que gustaba da "troula" e que ao primeiro descoido arrincaba coas cancións tabernarias da Roda, grupo do que formara parte co seu hermano Luis.

 Cando os "vieiros" musicais galegos buscaban novas saídas de expresión el foi un dos poucos cantautores históricos galegos que non tirou a guitarra e seguiu fiel a uns postulados que un día o levou a formar parte de Voces Ceibes que abandono por discrepancias con algúns dos compoñentes.

Cando viña á Coruña, sempre me visitaba para manter longas conversacións que en moitas ocasións penetrábanse na noite, a pesar de que andábamos a "cotenadas" para conseguir para os nosos respectivos selos discográficos -- eu á fronte de Abrente e o de Limoeiro -- grupos e artistas galegos que levar aos estudos.

O certo é que esa rivalidade era moi "relativa" posto que acababa nun apoio mutuo a favor da música e a canción galega que eran os nosos obxectivos.

En certa ocasión ambos recibimos unha invitación de José Luís Uribarri e Fradejas para participar no programa de Televisión "La Juventud baila" que tiña unha sección dedicada ás músicas das autonomías.

Eu sería o presentador e o interpretaría un tema do seu recentemente estreado disco " Os Soños da Gaiola". 

Tiñamos que coller o avión en Santiago, pero as inclemencias do tempo facíano imposible. Non curtos nin perezosos, montámonos no meu coche, un 124, e enfilamos estrada a Madrid, pasando por Ourense, para recoller unha frauta que se esqueceu.

Foi unha viaxe épica, coas Portillas do Padornelo e a Canda "atrancadas" pola neve. Compramos unhas cadeas -- que ao final pago a TVE -- e cumprimos co trámite televisivo. De regreso deixárao en Ourense e cando se baixo do coche, deixou esquecida a "ditosa" frauta, que aínda conservo hoxe en día, como recordo.

Tamén lembro unha viaxe de regreso dende Londres, onde asistiramos á homenaxe de Pucho Boedo, no que Suso, o seu irmán Luís e Carlos O´Xestal,  puxeron o avión "patas para arriba" co "Pousa,Pousa" que acabaron coreando toda a pasaxe, azafatas incluídas.

Este libro de Migue Boó é unha homenaxe merecida a Suso Vaamonde, falecido hai 19 anos, que foi un "músico rebelde", ao que sempre admirei pola súa valentía,  que tivo un papel importante na tradición oral do  pobo galego popularizando a poesía galega :

"So quixen chegar cos textos dous nosos poetas a canta máis xente mellor, para min sempre foi un gozoso deber, como se así axudara en algo ao noso idioma


SUSO VAAMONDE, VOZ DE TREBÓN
LIBRO HOMENAJE ESCRITO POR MIGUEL BOÓ

El periodista Miguel Boó presentará hoy lunes, a las 20 horas, en el CGAI de A Coruña, el libro "Suso Vaamonde, voz de trebón" en compañía de Antón Reixa . Allí estaré. Conocí a Suso a finales de los años 70 y mantuvimos unas relaciones de amistad y "rivalidad" profesional hasta su exilio en Venezuela. 

Era un cantautor comprometido, un idealista que siempre deendió sus convicciones "mojándose", bien a través de composiciones propias o músicando a poetas gallegos. Pero también era un "cachondo mental" que gustaba de la "troula" y que al primer descuido arrancaba con las canciones tabernarias de A Roda, grupo del que había formado parte con su hermano Luis. 

Cuando los "vieiros" musicales gallegos buscaban nuevas salidas de expresión el fue uno de los pocos cantautores históricos gallegos que no tiro la guitarra y siguió fiel a unos postulados que un día lo había llevado a formar parte de Voces Ceibes que abandono por discrepancias con algunos de los componentes.

Cuando venía a A Coruña, siempre me visitaba para mantener largas conversaciones que en muchas ocasiones se adentraban en la noche, a pesar de que andábamos a "codazos" para conseguir para nuestros respectivos sellos discográficos -- yo al frente de Abrente y el de Limoeiro -- grupos y artistas gallegos que llevar a los estudios.

Lo cierto es que esa rivalidad era muy "relativa" puesto que acababa en un apoyo mutuo a favor de la música y la canción gallega que eran nuestros objetivos.

En cierta ocasión ambos recibimos una invitación de José Luis Uribarri y Fradejas para participar en el programa de Televisión "La Juventud baila" que tenía una sección dedicada a las músicas de las autonomías.

Yo sería el presentador y el interpretaría un tema de su recién estrenado disco " Os Soños da Gaiola". Teníamos que coger el avión en Santiago, pero las inclemencias del tiempo lo hacían imposible.

 Ni cortos ni perezosos, nos montamos en mi coche, un 124, y enfilamos carretera a Madrid, pasando por Ourense, para recoger una flauta que se había olvidado.

 Fue un viaje épico, con las Portillas del Padornelo y la Canda "atascadas" por la nieve. Compramos unas cadenas -- que al final pago la TVE -- y cumplimos con el trámite televisivo.

 De regreso lo había dejado en Ourense y cuando se bajo del coche, dejó olvidada la "dichosa" flauta, que aún conservo hoy en día, como recuerdo.
También recuerdo un viaje deregreso desde Londres, a donde habíamos asistido al homenaje de Pucho Boedo, en el que Suso, su hermano Luis y Carlos O ´Xestal,  pusieron el avión "patas para arriba" con el "Pousa,Pousa" que acabaron coreando todo el pasaje, azafatas incluidas.

Este libro de Migue Boó es un homenaje merecido a Suso Vaamonde, fallecido hace 19 años, que fue un "músico rebelde", al que siempre admiré por su valentía,  que tuvo un papel importante en la tradición oral del  pueblo gallego popularizando la poesía gallega :

"So quixen chegar cos textos dos nosos poetas a canta máis xente mellor, para min sempre foi un gozoso deber, como se así axudara en algo ao noso idioma".



No hay comentarios:

Publicar un comentario