martes, 4 de febrero de 2014

OS TERRIBLES DE AROUSA: "O CAMIÑO DO CARRO"





O grupo enxebre de gaitas  "Os Terribles de Arousa",  formado por Javier Pintos Ares ,Rafael Mulet Bravo, Xan Martinez Abalo e Carlos Rei Cebral acaba de editar un novo disco que fai o número catro da súa traxectoria artística. Editado por Edicións  do Cumio, con motivo da celebración do Centenario do Concello de Vilagarcía de Arousa, o disco leva o nome de "O Camiño do carro" e nel pódense escoitar unha escolma de melodías tradicionale e populares representativas dos concellos fusionados: Vilaxoán de Arousa, O Carril e Vilagarcía de Arousa.. 

O título fai alusión a un carreiro que atravesa os viveiros de ameixa e berberechos do Carril, por suposto en baixamar. Un repertorio representativo do feito musical galego adaptado a un grupo de gaitas no que caben xotas, polcas, valses, pasadobles, muiñeiras, cantos de nadal, pezas de charanga é melodías de moda do primeiro cuarto de século ---O amor da costureira", "Baixando de Castrove", "Llévame a la China", "Luz divina", "Cando vou para a taberna", "Alalá", "O señor Colón", "A Rabela", "Carril ten un  Areal", "Rolda de Nadal de Ande", "Farsa do Carril", "Mazurcas", "Os Ananos"  é "A palleira" --.

 Pezas recollidas de xeracións de gaiteiros e que fan referencia a diferentes lugares de Vilagarcía, tal como explíca a orixe das catorce cancións  que recolle este álbum un folleto de 24 páxinas.Para a gravación deste disco "Os Terribles de Arousa" contaron coa colaboración da comparsa "Majarote e media" de Vilaxoán e "As bulideiras" de Fontecarmoa, ademas de membros da Banda Municipal de Música de Vilagarcía. "O  Camiño do Carro" é o cuarto traballo discográfico do grupo, xa que antes pubicaron "Os Terribles de Arousa (1998), na colección Os Nosos Gaiteiros,"No ramo de Herbón" (2002), é "No toldo de San Cibrán" (2005).


No hay comentarios:

Publicar un comentario