DAMAS E CABALEIROS, AGORA ENTRAMOS NOS...¡FESTA!
¡Pista ¡… chego Tiruleque, dixo “Mu ¡¡”, e mandou
bailar…¡festa!...¡tracatá! O grupo folk coruñés consolida o estilo acadado non
seu primeiro álbum co que pretende reivindicar a música galega con «chiscadas
doutras culturas».no seu novo disco onde un pode botar once pezas doutras latitudes
ritmicas como pode ser o “dixie”, “swing” ou son cubano. que se mesturan con
xotas, alalás, muiñeiras, pasodobres, valses e polcas, que afianza a liña de folk festeiro iniciada alá en 2009 .
Durante este período houbo cambios dos seus integrantes pero non do “concepto”,
que como diría Manquiña, é o que importa. Neste sentido, a máxima de Tiruleque
é acadar ou seu propio son, identificable tanto en temas tradicionais como nas
composicións propias, campo polo que o grupo mostra unha maior predilección.
Antón Bueno, contrabaixo;Alex Fente, acordeón;Luís García, bombo con pratos,
percusión e coros; Miguel Horjales, caixa, percusión e coros;Serxo Nuñéz;
clarinete, gata, pandeireta e voz; Fernando Román, saxo soprano, clarinete e
trompeta e José A. Vazquez, gaita, saxo alto, pandeireta e coros, son os “animadores”
desta “festa discográfica” á que se suman como invitados especiais Pablo Pintor
e Daniel Carballo.
Gravado en Bohham Studio (A Coruña), o disco “impacta nos
ollos” con estupendas ilustracións de Ramón Astray cun deseño e maquetación de Tragaluz Estudo
Fotográfico.
Damas e cabaleiros, con vostedes os.. ¡Tiruleque!,.. busquen
parella e a ¡ bailar!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario