“A TERRA QUEIMA”- LIBRO-DISCO
“A terra queima”
é un libro-disco en formato de álbum infantil interdisciplinar --- texto
, música, fotografias, ilustracións e espectáculo -- que parte dun proxecto do músico Lalo Carnota, compositor
da música, texto de Xurxo Souto e fotografías e
ilustracións de Xulio Rei e Sesé Barreiro. Nel Antón, o protagonista relata,
con "apetito de saber", reflectido nunha mirada incrédula cos ollos abertos pola curiosidade
infantil, as sensacións
percibidas durante a súa aventura polos marabillosos escenarios naturais de
Galicia e os seus costumes, mostrando un
comportamento inquisitivo natural na súa
observación, ante o mundo que o rodea , buscando información
e a interacción co seu ambiente natural e cos obxectos, os adultos que o
rodean -- o sabio percebeiro Milucho
Mariñas -- os animais -- o corvo Roque
Pequeno --…
Este é a mensaxe desta “aventura” narrada en sete secuencias
temáticas de amena e ilustrativa lectura --“Antón”,”O Enigma”, “O Segredo”, “As Viaxes”,”Revelación”,
“Solución” e “Epilogo” -- que conta coas
súas respectivas bandas sonoras narrativase cancións que son a cohesión argumental - vínculo temático- que
ganduxa todos e cada un dos episodios. Na imaxeñeria musical de Lalo Carnota, Miguel Cabana, Sergio
Delgado, Xan Cerqueiro e Eduardo Coma, puxeron
o seu talento musical para estimular a
expresividade dos textos
No hay comentarios:
Publicar un comentario