"Aquí
non haí cancela, as fronteiras no están dibuxadas nin o camiño marcado.Aquí non
haí mais límites ca os da propia paixón feita melodía...A Cor do Son é o cosmos onde a música é vida...".
Deste xeito presenta o dúo "Quolibet" o seu disco "A Cor do
Son" . A pianista Andrea García e o gaiteiro Felipe Rea apostaron por
fusionar ambos os instrumentos, "algo que non se ve con moita
frecuencia" nun proxecto que botou a andar a finais do verán de 2011 coa idea de dignificar a música tradicional... innovar
sen pechar ningunha porta".
Quodlibet nace da intención de dignificar o
papel da gaita galega, e que sexa recoñecida non simplemente como mero animador
de festas, senón como músico. Nos seus inicios os espectadores non "podían
imaxinar como unha gaita podía actuar xunto a un instrumento tan serio como un
piano"
.Para demostralo puxeron en marcha este ambicioso proxecto coa
finalidade de ofrecer un espectáculo musical cargado de connotacións históricas
ao longo do repertorio conxunto de ambos os instrumentos. Un espectáculo que,
até hai algúns anos, só tiña cabida en conservatorios nos que se fomentan os
valores da gaita.
Agora presentan o seu
primeiro disco con temas propios, en líneas xerais, e con diversas colaboraciós
-- "Rumba de Estribela", "Alalá de Laza", Vals da
Mahía", "Muiñeira de Pontesampaio", "Eu de Marín
ausenteíme", Danza das espadas do Cantodarea",
"Marolada-Brisña", "Dolores","Carnaval de Viana",
"Ar2", "Cantar e mane de Caión", "Quodlibet" --..."Unha
miscelánea de tradición e creación de distintas visións musicaís que conviven
nunha mesma realidade...porqué a cor do soné sentimento que nace do mais íntimo
para ser comparido...o pulsar das teclas nas cordas e o baile dos dedos no
punteriro conxuguen conversas que falan de identidade e memoria, ledicia e
anguria,inquedanzas,soños e esperanzas.Da experiencia propia e común.Da cultura
máis nosa que se faí esencia na canción...é autentica , é libre.é única é infinita a un tempo...á cor do son é
universal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario