domingo, 19 de enero de 2014

QUOLIBET: "A COR DO SON"




"Aquí non haí cancela, as fronteiras no están dibuxadas nin o camiño marcado.Aquí non haí mais límites ca os da propia paixón feita melodía...A Cor do Son  é o cosmos onde a música é vida...".

 Deste xeito presenta o dúo "Quolibet" o seu disco "A Cor do Son" . A pianista Andrea García e o gaiteiro Felipe Rea apostaron por fusionar ambos os instrumentos, "algo que non se ve con moita frecuencia" nun proxecto que botou a andar a finais do verán de 2011  coa idea de dignificar a música tradicional... innovar sen pechar ningunha porta".

 Quodlibet nace da intención de dignificar o papel da gaita galega, e que sexa recoñecida non simplemente como mero animador de festas, senón como músico. Nos seus inicios os espectadores non "podían imaxinar como unha gaita podía actuar xunto a un instrumento tan serio como un piano"

.Para demostralo puxeron en marcha este ambicioso proxecto coa finalidade de ofrecer un espectáculo musical cargado de connotacións históricas ao longo do repertorio conxunto de ambos os instrumentos. Un espectáculo que, até hai algúns anos, só tiña cabida en conservatorios nos que se fomentan os valores da gaita.

Agora presentan o seu  primeiro disco con temas propios, en líneas xerais, e con diversas colaboraciós -- "Rumba de Estribela", "Alalá de Laza", Vals da Mahía", "Muiñeira de Pontesampaio", "Eu de Marín ausenteíme", Danza das espadas do Cantodarea", "Marolada-Brisña", "Dolores","Carnaval de Viana", "Ar2", "Cantar e mane de Caión", "Quodlibet" --..."Unha miscelánea de tradición e creación de distintas visións musicaís que conviven nunha mesma realidade...porqué a cor do soné sentimento que nace do mais íntimo para ser comparido...o pulsar das teclas nas cordas e o baile dos dedos no punteriro conxuguen conversas que falan de identidade e memoria, ledicia e anguria,inquedanzas,soños e esperanzas.Da experiencia propia e común.Da cultura máis nosa que se faí esencia na canción...é autentica , é libre.é única  é infinita a un tempo...á cor do son é universal.



No hay comentarios:

Publicar un comentario