O 22 de decembro de 1989 falecía Andrés
Lapique Do Barro á idade de 42 anos, deixando tras se o reguero dun legado
artístico cheo de belas cancións, que o tempo a incluído na historia da música
galega, e española, como corresponde a un home que tiña música e poesía no
corazón e agarimo cara ao seu Galicia que proclamo xa na presentación da súa LP
de título homónimo para deixar clara as súas intencións:
“Chámome Andrés e son galego, coñecín un
galego que dicía que lle amolaba selo porque se lle notaba. A min tamén se me
nota, e síntome orgulloso. Adoro a miña terra norteña, verde e afastada,
primitiva e esquecida, nai fertilísima de homes que han ir sementando as súas
vidas por terras de España, Portugal, América... Galicia de dentro, presente e
Galicia de lonxe, ausente e "saudosa" condicionaron a miña música:
han ir escribindo as sinxelas notas das miñas cancións. Os vosos eloxios e as
vosas críticas, serán a parte importante deste traballo que realizamos….As
miñas cancións. hoxe son en galego porque así as sentín e porque quero
colaborar con todo interese e agarimo a dignificar o meu idioma materno, caído
durante moitos anos no máis cruel menosprezo"
Ao
comezo da súa carreira Andrés comentou
“Estou
a facer cancións de todo tipo para poder chegar a todas as xentes. Esta é a
miña idea; cancións de amor, sociais e de todo tipo de contidos e de músicas,
desde as máis melódicas e suaves até as máis psicodélicas pasando polo
folk-song. Quero facer da música galega que sexa para toda a xente, tanto para
os ye-yés das maiores salas de festas até para o último labrador que vai á
charanga no patrón do pobo. Teño aínda moito que aprender…”.
E conseguíu, cantando en galego, ser
número uno en catro ocasiones. Increíble, pero certo na que foi unha gran
promoción para o idioma galego nuns momentos difíciles. Un record aínda non
superado e dificilmente alcanzable por artistas e grupos galegos
Hai 24 anos que. Andrés colleu o “tren”
cara a outra vida, e na súa despedida desta, marchar coa pena do esquecemento
cravada no seu corazón, Un “esquecemento” que permanece nas altas “instancias” da cultura galega,
incapaces de recoñecer os máis que sobrados méritos deste compositor, cantante
e galego recolleitos na súa obra artística.
É un caso “estraño” posto que o que non
aprecian os “jerifaltes culturais” , calou fondo no recordo que del e a súa
obra teñen miles e miles de persoas que desde a Galicia “presente” e da “ausente”---
Portugal, Francia, Irlanda, Inglaterra, Alemaña, Croacia, diferentes países
latinoamericanos, e Norteamérica, --solicitan ese merecido recoñecemento
póstumo
Ocasionalmente, tras a súa morte, amigos
e seguidores no seu día de Andrés Do Barro conxuráronse para rescatar e
destacar o moito e bo que fixo pola música e a canción galega.. No ano 2007
edítase un dobre CD “Manifesto Dobarrista” editado pola Regeueifa plataforma,
Falcatruada e Lonxa Cultural, como tributo a Andrés Do Barro, ao que se
considera o “pai do pop galego”, no que participante 30 grupos emerxentes do
pop, rock , e hip hop galego. Un traballo que culmina nunha serie de iniciativas
– documental incluido -- nas que se pretende dignificar e recuperar a figura do
artista ferrolán, actualizando o seu legado . Un traballo que constitúe unha
homenaxe A Do Barro como compositor de cancións populares comprometido cultural
e politicamente.
UNHA MEDALLA DE GALICIA PARA ANDRÉS DO BARRO
As “medalla de Galicia” as concede a Xunta de Galicia : a persoas e
institucións polos seus méritos ao servizo de Galicia en calquera aspecto da
realidade social, cultural ou económica .
Teño claro que a medalla lle “cae de
caixón “, a Andrés do Barro.xa que “encaixa” perfectamente nesta normativa. O “estraño”
do caso é que a “oficialidade” se mostre tan remisa ao ratificar o que a xente
xa lle outorgou a . Raro, raro, raro…
Persoalmente teño constancias abafadoras
de que a xente non se explica o porqué Andrés aínda non tivo ese recoñecemento
oficial . Agora que están tan de moda as enquisas, se sé preguntará á rúa se a “merece”
ou “non” ,creo que a porcentaxe do “se” sería maioritario.
Pode ser, quizais, que se estea esperando
ao 25 aniversario do seu falecemento.
Seguimos tendo saudade de ti…
No hay comentarios:
Publicar un comentario