UN FEITO INSÓLITO :UN CD CUADRUPLO INÉDITO CON CORENTA TEMAS
O grupo de Bandeira- Pontevedra , "Tu Mujer nos
engaña" " formado por Noelia Montoto - Voz; Lolo Arincón - guitarra; Iago Jorge - batería e percusións ;Francisco Montoto - baixo e coros e Pablo López - guitarra, están que se saen"
grazas ás "Malas Linguas" e "boas canciós" que contén, nun
Cd cuádruplo inédito (non recompilatorio), corenta temas en galego, castelán e
inglés.! Manda chover na Habana!.
"Saíusenos un pouco de nai, pero está a funcionar ben e só coñecer
tanta xente con tanto nivel foi un flipe. Ao principio preguntáronnos se
estabamos tolos, pero nin un só nos dixo que non. E enriba custa 10 euros. Nos
chineses non sería máis barato", confesa Lolo Arincón. "O grupo creouse en 2009 e na
súa traxectoria, a banda recibiu varios premios e recoñecementos en diversas
ocasións: "Quixemos facer algo que chamara a atención e que nunca se
fixera e conseguímolo. Os colaboradores dicían que estabamos tolos mais todos
prestáronse a participar".
Este traballo, que fai o número dous do
grupo, levoulles dous longos anos,
traballando no seu propio estudo de gravación, Xonix Records , e contaron con "mogollón" de colaboradores de
"alto standindg" como Alberto Cereijo dos Suaves, Óscar Avendaño de
Sinistro Total, Fernando Madina de Reincidentes, Piti Sanz, Vituco Neira de
Ruxe-ruxe, O Adhesivo, Xurxo Souto de Vos Diplomáticos , Xosé Antonio Touriñán
e Marcos Pereiro (Mucha e Nucha) entre moitos outros.
O seu percorrido musical
polos territorios da rock- fusión está "petado" de variedade
estilistica, desde o reggae ao rock metalero, pasando polo blues ou o funk,
sempre pisando o acelerador con forza e enerxía coa intención de que o persoal
llo pase ben, tanto como eles no seu desenvolvemento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario