No medio das turbulencias ás que asistimos no fragmentado panorama político
español onde o vocábulo unanimidade é unha quimera, unha petición, a da
"Medalla de Galicia", a título póstumo, para Andrés do Barro, que
desde fai tres anos vén solicitando unha plataforma creada para tal fin, está a
lograr que sete concellos galegos, de distinta cor política únanse para
solicitala formalmente á Xunta de Galicia. Increible, pero certo, tal como
recolle unha misiva que acabo de recibir do Pdte Asoc. Cultural Virxe da Guia da Guarda , José Elías Rebollar Veiga, que está a desenvolver un inxente labor en
procura desa concesión
Estimado Nonito Revuelta : Desde a Comision de Festas Virxe da Guia ( A
Guarda ) me dirixo a ti como home loitador e amigo de Andrés do Barro que forma
parte do noso patrimonio cultural Galego para informarte de cómo vai hasta a
fecha a " nosa loita pacífica" pra que a Xunta de Galicia faga
realidade o noso xusto obxetivo Medalla de Galicia a Andrés do Barro" .Presentamos
mocions de Apoyo a Nosa loita por rexistro nos concellos de A Guarda, Sta María
de Oia, O Rosal, Tomiño, Tuy, O Porriño y Mos .
"Fomos atendidos con todo cariño y respeto por Alcaldes , Tte
Alcaldes,y outros Politicos na oposición que nos felicitaron y animaron a
seguir na loita pacífica y se brindaron incluso a falar con outros alcaldes y
oposición de distinto color político para que esto salga adiante. Estou tan
contento y animado que na próxima semana sacaréi tempo de donde sexa necesario
y o presentarei en Salvaterra do Miño, Salceda de Caselas, Ponteareas, Mondariz
, na Serra de Outes y en Noia .
Non vai quedar Concello en Galicia donde non o presente ainda que teña que
ir nun carro de bois. Hasta ahora en todos os plenos que se celebraron foi
aprobado por UNANIMIDADE y hasta é increíble o caso de Tuy donde hay 8 partidos
políticos no pleno .Foi aprobado en A Guarda, Sta María de Oia , O Rosal, e Tuy
hasta agora por UNANIMIDADE . Esta semana seguro que nos aprobarán Tomiño, O
Porriño y Mos cuando se celebren os plenos.
E un caso insólito en estes tempos que os políticos andan a gresca todo o día que se poñan dacordo pra votar a nosa proposta . Algo debe ter pra que todos estén dacordo !!. Meu querido amigo , sin mais que decirche de momento ...... A seguir traballando !!"
E un caso insólito en estes tempos que os políticos andan a gresca todo o día que se poñan dacordo pra votar a nosa proposta . Algo debe ter pra que todos estén dacordo !!. Meu querido amigo , sin mais que decirche de momento ...... A seguir traballando !!"
No hay comentarios:
Publicar un comentario