A música pop con ADN galego
está actualmente atrapada entre o rock e o folk. Voces masculinas e
femininas seguen sen encaixar nas
preferencias do público máis aló de programas da "Galega", como
"Luar" que lles dá "lustre".
A pesar de que non son bos
tempos para editar discos a cantante Mar
Dávila, lanza aos catro ventos as súas "Lembrazas", para que sexan escoitadas
É o terceiro traballo
de Mar Davila -- despois de "O xogo da vida?" e
"Acontracorriente" -- ,, que empezou en 1992 a súa andaina
musical en varias orquestras galegas
solitario ata que en 1996 Juan Pardo a
chama para facer coros no seu disco "Alma Galega"; e en decembro de
1997 convídaa de novo a cantar "Feitos"-- que figura neste traballo
xunto á voz de J.A. Blas Piñón -- con el a dúo, no programa da TVG especial
"Noite Boa" que marcou o comezo dá sua carreira.
"Lembranzas"
(InqueDanzas Sonoras) ábrese con
"Pandeiro de catro ventos" -- elixida como single -- unha composición
inédita de Juan Pardo, que lla cedeu expresamente --, e percorre cancións de
autor e
versións de clásicos do cancionero galego que son recordos de cancións
que significaron algo ao longo da súa carreira artística, como "Aí ven ou
maio", un tema que lle lembra
á sua infancia, "Lela",
"Negra sombra" ou outras composicións populares, como "Eu chorar
chorei" é "Quen poidera namorala" . Destacar que para
"Lembranzas" Mar Davila contou coa colaboración dunha chea de
artistas ou que supón unha aposta pola música popular galega: "Recorrín á
colaboración de cantantes de grandes orquestras porque este disco quere ser
tamén un homenaxe a eles, artistas que se deixan a pel enriba do escenario, percorrendo
toda Galicia. Son profesionais que valen moito pero, ás veces, os seus nomes
pasan desapercibidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario