martes, 12 de mayo de 2015

O CONCELLO DE MUGARDOS RENDE HOMENAXE A XOAN RUBIA


O venres estarei no Casino de Mugardos acompañando a Xoan Rubia nesa merecida homenaxe que lle rende o Concello de Mugardos pola súa traxectoria artística, honesta  e frutífera na  súa importante contribución  á canción galega.

Sei que Xoan sorprendeuse, gratamente está claro, cando lle comunicaron a intención de facerlle unha homenaxe  co galo dás Letras Galegas por parte do pobo de Mugardos onde é apreciado polo seu talento artístico  e o seu talante humano. Primeiro a sorpresa chegou coa consabida incredulidade ante tal celebración pola sinxela razón de sentirse valorado de tal forma , sobre todo en "vida", algo inusual nesta sociedade habituada ás "homenaxes póstumas".

 Tras o primeiro impacto emotivo da grata sorpresa Xoan, tal e como o coñezo, daría renda solta á súa humildade e non sentiría merecedor de tal honra. Por último, e xa cos feitos consumados, acataría con modestia e orgullo tal distinción aínda que "rumiara" no seu interior que o realizado ao longo da súa vida artística , non foi "para tanto".

E se que o foi Xoan. E cando alguén como é o teu caso, deixa unha pegada que permanecerá no recordo colectivo da canción galega, é merecedora de ser destacada.Ou sexa, Xoan, crecho e gózao.

Conoci a Xoan Rubía artisticamente en 1969 a través dos xa históricos E.P´s de Edigsa, a compañía catalá onde se refuxiaban discográficamente os compoñentes de Voces Ceibes. Persoalmente atopámonos tras a gravación para Phlips en 1973 cando apareceu "Cantares dá miña terra". As cancións de claro contido social e político , non abarcaran un espectro suficiente de público e , as compañías, descubrirían un filón nos artistas de "estilo rexionalista" -- por entón non había comunidades -- que bebían do folclore das súas respectivas rexións, que chegaban ao gran público e subían aos postos máis altos das listas.

Xoan , que non chegou a pertencer estritamente ao movemento de Voces Ceibes, aínda que compartía cos seus compoñentes, escenarios, discografía e presenza en recompilatorios, foi unha das apostas da multinacional para entrar no "territorio" galego. Unha aposta coa que gaño ao gran público coa interpretación de temas de inspiración sentimental adaptados do cancionero popular galego que encaixaban con potencia emocional na súa voz, que eu algún día "definín" como a dun "crooner", aínda que sempre mantendo  a súa conciencia social.

Os meus lazos persoais con Xoan Rubia fóronse estreitando, e coñecedor das súas capacidades artísticas, propúxenlle formar parte da escuadra discográfica galega do selo Abrente que puxera en marcha, para o que gravou en1977 "Lembranzas", un disco intimista no que figuraban  poemas escritos por Lorca en galego  aos que  Xoan puxo música e interpreto  por primeira vez de forma admirable.

Xoan seguiu o seu camiño artístico noutras compañías -- Ruada e "Edicions do Cumio" --  e sempre nos mantivo esa amizade atada pola música, que hoxe día perdura e que persoalmente rubricarei coa miña presenza nesta homenaxe, onde me atoparei con outros bos amigos seus e meus como Mero e Mini, Xavier Alcalá e Roger de Flor.

Hai moitas persoas  que habitualmente cando están entre nós recoñecémolas, admirámolas, e moitas veces de maneira tímida demostrámoslle o importante que son para nós.

Todos sabemos que as cousas hai que facelas en vida. Na miña opinión, as homenaxes tamén. 

O venres direillo persoalmente, coa miña presenza, a unha desas persoas:Xoan Rubia

No hay comentarios:

Publicar un comentario