Ata que Emilio Cao sacase a relucir a arpa no disco
"Fonte de Araño" (1977) e
posteriormente Rodrigo Romaní en Milladoiro,
este instrumento musical de cordas de enorme antigüidade, que polo seu
son tan exquisito, asociouse desde sempre co celestial, estaba relegada no folk
galego, que non noutras músicas tradicionais do mundo. A partir de aí, a voz da
arpa empezou a soar nas novas lecturas que o nacente estilo, o folk galego de
"ascendencia céltica", expuña sobre a música de tradición oral,
danzas e cantos antigos ou de máis recente incorporación á música popular,
incorporándose a grupos e solistas galegos
."Lulavai" é un
insólito cuarteto formado por catro
mulleres, Lorena Reinaldo, Paula Oanes,Josefa Fernández e Elena Paz, onde o protagonismo dás arpas e ou doce son dás súas voces dan vida a un estilo
propio.
Coñécense no 2005 cando formaban parte da orquestra fol Son
de Seu, baixo a dirección de Rodrigo Romani. Tres anos mais tarde deciden emprender este novo proxecto musical
onde a sonoridade das arpas e as voces fúndense para interpretar con un son moi
personal, temas tradicionais galegos e de composición propia . O seu primer
disco, "CorDasVerbas", foi editado en 2010.
Agora,chega
"Lénbrame un soño", grabado en los Estudios Ancestral de Xustáns -
Pontevedra, con Isaac Millán de técnico, y editado por "Sul Producciones"
e distribuido por "Inquedanzas Sonoras", que recolle pezas
instrumentales e cantadas.
Composicións propias
e arranxos de dúas cantigas tradicionales galegas e unha cantiga de
berce tradicional de Euskadi. O título desde traballo "Lémbrame un
soño", evoca unha canción composta polo cantor portugués Fausto, na cal
viuse reflexada a elegante e delicada atmósfera propia de Lulavai.
No hay comentarios:
Publicar un comentario