viernes, 26 de diciembre de 2014

MAGHÚA, NOVO DISCO: "MATRIA"

UNHA VIAXE AO TEMPO DAS NOSAS AVOAS PARA RECUPERAR E TRANSMITIR TRADICIÓN E PASALO BEN
 r






Maghúa naceu como grupo de cantareiros, unicamente voz, pandeireta e outras percusións tradicionais, fai agora oito anos,  no Nadal do 2006.É como son "cus inquedos", agora tamén tocan como grupo de gaitas,avanzada a formación dunha charanga e incorporando tanto clarinete como saxo soprano, caixa e bombo con pratos. 

O termo "manjúa", empregado tradicionalmente na costa cantábrica  polas xentes da mar para denominar un banco de peixe azul --sardina, bocarte, atún…--segue sendo utilizado na zona d´O Morrazo baixo a forma "maghúa".Os obxectivos de este grupo de amigos --na actualidade formado por Tito Iglesias, Xiao Mogín e David Leira -- son dous, basicamente
:recuperar e transmitir tradición e pasalo ben.No outono do 2012 editaron a seu primeiro disco  "Corricán", e agora propoñen co seu "Matria" (Inquedanzas Sonoras)grabado nos estudos "A casa da Laura- Eirís",  unha viaxe ao tempo no que as avoas contaban, cantaban e falaban cos seus netos mentres debullaban e moían tardes enteriras á calor da cociña.

Despois dun  intenso traballo de recollida o grupo de cantareiros amosa o material recuperado de mulleres, que conservaron o idioma cando o de noso estivo prohibido, xunto ás cantaréas coas que se divertían e coas que agasallaron , a facenda familiar, e ainda  que semelle incribel, a cordura. Desde Bergantiños ao sueste da provincia de Ourense, pasando polo interior da de Pontevedra,solto e agarrado, para suar e arrimarse, para gozar dos sons e melodías de antergo, sen adobíos, chegan de novo Maghúa con o seu novo disco con títulos como Barro de Arén, Xirazga, Cereo, Traverea,Traspielas,
Queimadelos,Montemaior,Areás, Pontella-Limiñoa, Liñares y Sabaxáns.




No hay comentarios:

Publicar un comentario