PARA EMPEZAR, " TEÑO DÍAS", CATRO PEZAS CHEAS DE RITMO E ENERXÍA, IMPULSADAS POLA FORZA DA TRADICIÓN.
Pandeiromus é un dous poucos grupos de pandereteiros que hai en
Galicia, nacido en Santiago no ano 1992 que ao longo de diferentes etapas se
han dedicado á investigación e interpretación de música galega de tradición
oral, tentando recompilar o repertorio masculino existente.
Coa experiencia de
22 anos participando en festas e
romerias, e actuando en auditorios e festivais de todo tipo por Galicia,
España, Portugal e tamén pola Europa, e con unhas voces que "repenican"
sobre un repertorio de muñeiras, xotas, maneos, vals, pasodobres, mazurcas,
acompañados de percusións varias como pandeiretas, pandeiras, pandeiro,
culleres, cunchas, botella de anís, lata de carburo, tamboril, caixa e bombo, e
até as palmas, sempre coa presenza do acordeón, acaban de presentar o seu novo
disco, "Teño Días", que coas cancións, "Teño días", "Sempre
Morgan", "Sete cuncas" e "Unha muller e outra muller",
que inclúen letras de poetas como Séchu Sende e Xavier Picallo, supón a
primeira entrega da triloxía "Teño Días, Teño noites"
.
É o seu
terceiro disco que chega despois de "En Conserva" (1998) e Tolemias
(2002) e faio con moito ritmo e enerxía que colle a súa forza da tradición , dá
condición festeira dá música, dá necesidade de tocaren para seren felices, en
conexión directa con aquela encomenda que vén dás xeracións precedentes:
cantar, bailar e pasalo ben...
" A música fíxose para alegrar o espírito e o
corazón, para bailar. O de escoitar é cousa nova. Antes era un complemento do baile
unha forma de expansión. O que nós fixeramos tiña que ser para bailar" Din
e "do devandito ao feito", porque escoitando este disco os pés pican na pedra do chan impulsados pola
forza da tradición, dá condición festeira dá música, dá necesidade de tocaren
para seren felices, en conexión directa con aquela encomenda que vén dás
xeracións precedentes: cantar, bailar e pasálo ben.
Asi que xa o saben… Topo,
Afonso, Rafa, Xesús e Roberto cúrsannos neste disco unha invitación para a festa.
Alá vou con "Sete cuncas" por diante…"Tres cousas hai en Ourense
que non hainas en España o entroido, a
cachucha e o piliqueiro de Laza.
!Festa!
No hay comentarios:
Publicar un comentario