O
arpista Roi Casal presenta o seu novo disco,"Donos do noso
destino" Nos sete temas que dan
vida a este traballo Casal segue transitando polo camiño, da música pop, que en Galicia ten pouco tráfico, partindo de
instrumentos como a zanfoña e a arpa. Un álbum, " que ten a forza e
personalidade propias dunha xeración que aspira a ser doa do seu propio
destino" segundo propio testemuño.
A
arpa chegou a música folk galega, cos seus sons exquisitos, etéreos de alta
vibración emocional, no disco "Fonte do Araño",de Emilio Cao, editado en
1977 que apadriñado por Alan Stivell abriu o camiño cara á cultura musical
celta en Galicia. Foi pouco tempo despois ,xunto a Antón Seoane, cando Rodrigo Romaní mantivo a súa presenza no disco Milladoiro, e
introduciuna na imaxinaría instrumental do grupo do mesmo nome, no que foi
relevado por Roi Casal, fillo de Nando Casal, compoñente histórico da
agrupación folklórica Faiscas do Xiabre e de Milladoiro.
Durante anos segue o
ronsel que vertebra a música folk galega
a partir deste instrumento , ata que en 2009 decidíu emprender a súa carreira
en solitario cara ao pop: "É unha vía que creo que permanecía pouco
explorada e que imos consolidando con moito esforzo despois de tres anos. Eu
non quería facer folk propiamente porque para iso xa estaba nun dos maiores
grupos do mundo, eu quería marcar o meu sinal", explica sobre a súa
traxectoria e a súa forma de facer música, que neste novo disco confesa que buscou un xiro ainda máis pop
En
"Donos do noso destino", hai composicións musicais propias, algunhas
de base tradicional,asi como letras, e tamén
de poetas como Rosalía de Castro o Xosé María Días Castro. . O encanto
da arpa tamén ten moito que ver co seu aspecto simbólico de gran contido que a
converte en fonte inspiradora para o
artista, non só da música senón da palabra.
Por iso é polo que as canciós teñan
unha microhistoria detrás na que subxacen valores, sentimentos, situacións
persoais e ambicións que conforman o relato dunha historia global. "The
captain of My Soul", terceiro tema do álbum, ten por letra un poema de
William Ernest Henley e constitúe un deses fermosos relatos que finalmente
acabaron por dar título ao propio disco. En palabras de Roi, "pertenzo a
unha xeracion a que se lle teñen posto as cousas difiíciles, pero sigo crendo
que temos a oportunidade, dende un punto de vista individual ate o colectivo,
de transformar a nosa realidade para chegar a onde nos propongamos". ,
No hay comentarios:
Publicar un comentario